O Concello abre ao público o novo tren de xogo infantil e proxecta ampliar a zona verde con máis servizos

A nova atracción infantil, xa operativa, está situada xunto ao Templete de San Luís e os chorros de auga, consolidando esta área como un espazo central de lecer no casco urbano

O Concello continuará mellorando a contorna coa adquisición de terreos próximos e a creación de novas pistas deportivas

O Porriño, 7 de outubro de 2025.- O novo tren de xogo infantil instalado no Parque Infantil do Porriño xa está totalmente operativo e aberto ao público. Este multixogo de máis de dez metros de lonxitude simula unha locomotora e foi deseñado para garantir o desfrute e a seguridade da cativada, converténdose nun novo punto de encontro para as familias da vila.

A estrutura, fabricada con materiais duradeiros e seguros como aceiro galvanizado, cordas de polipropileno reforzado e pavimento de caucho, está situada nunha zona verde próxima ao recentemente restaurado Templete de San Luís. A súa instalación supuxo unha inversión total de 75.402 euros financiado con fondos propios do Concello e forma parte dun proxecto máis amplo de mellora do espazo público.

O alcalde Alejandro Lorenzo sinala que "con esta nova instalación damos un paso máis na nosa aposta polo benestar das familias e a creación de espazos seguros, accesibles e atractivos para a cativada".  

Ademais da instalación do tren, realizáronse actuacións de mellora na contorna como a colocación de bancos de pedra, a instalación de bordos graníticos nas zonas de acceso e a plantación de tres carballos, que mellorarán a sombra e a calidade ambiental do espazo.

Ampliación futura: nova zona verde e pistas deportivas

O Concello xa traballa na seguinte fase deste proxecto, que incluirá a adquisición de terreos próximos co obxectivo de ampliar a zona verde e crear unha gran área de lecer con novas pistas deportivas e espazos de uso compartido para todas as idades.

“O tren é só un paso máis”, subliña o alcalde. “Queremos transformar esta zona nun pulmón verde no corazón do Porriño, un espazo de encontro interxeracional, onde nenos, mozos e maiores poidan desfrutar da natureza, facer deporte e convivir nunha contorna coidada e acolledora”.

Con este tipo de proxectos, o Concello do Porriño reafirma o seu compromiso coa mellora continua dos espazos públicos e a calidade de vida da súa veciñanza, especialmente da poboación infantil, que segue en aumento no municipio.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.