O campo de fútbol de Pontellas terá un céspede artificial de última xeración

O Concello do Porriño saca a licitación o proxecto para a súa substitución e mantemento, por un período de cinco anos, por importe de 485.000 euros

O Porriño, 3 de novembro de 2025.-  O Concello do Porriño vén de sacar a licitación a obra de execución para a substitución do céspede do campo de fútbol de Pontellas, unha actuación que suporá a renovación integral da superficie de xogo e a mellora das instalacións deportivas.

O proxecto contempla o cambio de céspede natural a céspede sintético de última xeración lastrado con area de sílice e caucho, conservando as dimensións actuais do campo de fútbol 11 e os dous campos de fútbol 7, co correspondente marcaxe para ambas modalidades. Ademais, aproveitarase a manta actual como pavimento non deportivo nas zonas perimetrais e instalaranse novas porterías abatibles de fútbol 7, así como a reposición das redes de fútbol 11.

“O campo municipal de Pontellas necesitaba unha renovación urxente para que os xogadores poidan adestrar e competir nas mellores condicións. Este proxecto aposta por un céspede de última xeración e un sistema de mantemento profesional que garanta o seu rendemento ao longo dos anos”, explicou o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo. E é que, logo do acondicionamento do terreo, cun orzamento máximo de licitación de 279.074,32 euros, a outra parte do proxecto céntrase na instalación do novo céspede e o seu mantemento en perfecto estado a través dun renting a cinco anos, cuxo importe total ascende a 206.515,18 euros.

 “É unha actuación moi demandada polos clubs e usuarios, que se suma ao esforzo do Concello por mellorar todas as instalacións deportivas do municipio. O deporte é un piar fundamental da vida social do Porriño e queremos ofrecer espazos de calidade para todos”, engadiu o alcalde.

A inversión total desta actuación no campo de fútbol de Pontellas supera os 485.000 euros e será financiada integramente con fondos municipais.

Unha vez adxudicadas as actuacións, a execución realizarase nun prazo aproximado de seis meses, tempo durante o cal os usuarios destas instalacións reubicaranse noutras do municipio, compartidas con outros clubs, para que non vexan interrompida a súa actividade deportiva.

Todas estas actuacións enmárcanse nun plan municipal máis amplo de mellora das instalacións deportivas do Porriño, co obxectivo de ofrecer espazos máis seguros, modernos e sostibles para o desenvolvemento da práctica deportiva en todo o municipio.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.