O Baile de Maiores chega á programación municipal do Porriño para promover o envellecemento activo

Actividade con entrada de balde pensada para promover o envellecemento activo, favorecer a socialización e impulsar hábitos de vida saudables a través da música e do movemento. As sesións celebraranse os domingos e festivos, en horario de 17:00 a 20:30 horas, desde o 8 de marzo ata o 28 de xuño

Porriño 5 de marzo de 2026.- O Concello do Porriño pon en marcha unha nova proposta dirixida ás persoas maiores do municipio coa creación do “Baile de Maiores”, unha actividade con entrada de balde pensada para promover o envellecemento activo, favorecer a socialización e impulsar hábitos de vida saudables a través da música e do movemento.

A iniciativa desenvolverase nas instalacións de Studio 57 (Rúa Muiños, 13 baixo) e combinará formación e práctica social de baile. As sesións celebraranse os domingos e festivos, en horario de 17:00 a 20:30 horas, desde o 8 de marzo ata o 28 de xuño.

Cada xornada dividirase en dúas partes: unha primeira sesión de clase de baile de entre 45 e 60 minutos, na que as persoas participantes poderán iniciarse ou perfeccionar os seus coñecementos, e unha segunda parte de baile social con animación musical a cargo dun DJ, que se prolongará durante aproximadamente dúas horas e permitirá poñer en práctica o aprendido nun ambiente lúdico e participativo.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, destacou a importancia de impulsar iniciativas que melloren a calidade de vida das persoas maiores: "Queremos ofrecer espazos de encontro, diversión e actividade física para os nosos maiores. O baile é unha ferramenta perfecta para manterse activo, facer novas amizades e gozar do tempo de lecer. Con iniciativas como esta seguimos traballando para que O Porriño sexa un concello que coida e valora ás persoas maiores."

Lorenzo tamén sinalou que este tipo de propostas contribúen a reforzar a convivencia e o benestar social:

"O Baile de Maiores non é só unha actividade de ocio, senón tamén unha oportunidade para crear comunidade e combater a soidade non desexada. Queremos que os nosos maiores teñan cada vez máis alternativas para participar, divertirse e sentirse parte activa da vida do municipio."

A actividade conta con entrada de balde e está aberta a todas as persoas maiores interesadas en aprender a bailar ou simplemente en compartir unha tarde diferente nun ambiente dinámico e agradable.

Con esta iniciativa, o Concello do Porriño reafirma o seu compromiso coa promoción de políticas de benestar, participación e envellecemento activo, apostando por actividades que fomenten a saúde física, emocional e social da veciñanza.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.