O auditorio do Centro Cultural Municipal do Porriño acolle a proxección do documental "Santa Liberdade" e un coloquio coa súa directora, Margarita Ledo Andión

O vindeiro venres, día 26, ás 7 da tarde, o Auditorio do Centro Cultural do Porriño será o escenario da proxección do documental ‘Santa Liberdade’ e do posterior coloquio coa súa directora, Margarita Ledo Andión.

O documental ten coma argumento o secuestro, o 22 de xaneiro de 1961, por un grupo de antifascistas galegos e portugueses auto-organizados no Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación ( DRIL), do transatlántico de bandeira portuguesa "Santa María", que con centos de pasaxeiros dirixíase ao porto de Vigo.

Baixo as ordes de Humberto Delgado, Enrique Galvao, Xose Veo e Jorge Fernández de Soutomaior, portugueses os dous primeiros, galegos os seguinte, exiliados todos, das ditaduras franquista e salazarista en Venezuela e Brasil.

As 24 persoas que compoñían o grupo protagonizaron o primeiro secuestro político da Historia e o seu obxectivo era chamar a atención de todo o mundo sobre a situación política que atravesaban os estados español e portugués, mediante unha acción propagandística de gran dimensión.

O DRIL conseguiu facer deste asalto un acontecemento mediático: durante 13 días os telexornais e xornais de boa parte do mundo abriron as súas edicións coa noticia do secuestro. O barco conseguiu manterse durante tres días completos sen localizar, mentres que o goberno norteamericano, baixo a presidencia de Kennedy, asumiu a coordinación dunha ampla operación de procura e captura, o que serviu tamén como manobra de contención das peticións de afundir o barco feita polas ditaduras ibéricas, que cualificaban o suceso como mero acto de piratería.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos