Novo número de "OPino", a revista para filosofarte do IES Pino Manso

Por terceiro ano consecutivo os alumnos e alumnas de segundo de bacharelato do IES Pino Manso do Porriño editan a súa revista de filosofía e arte OPino, coa colaboración do Concello do Porriño.

OPino é unha revista na que se poden atopar reflexións sobre a sociedade, poesía, música, dilemas éticos, entrevistas, política, psicoloxía, cultura,  cine… E tamén moito arte, xa que tamén son eles/as quen se encarga da parte gráfica.

Neste número destaca a referencia á semana cultural árabe, que se desenvolveu nos recreos entre o 6 e 10 de maio e que puxo en valor a cultura dun alumnado que forma parte da súa comunidade dende hai xa moitos anos. Tamén as reflexións sobre a tecnoloxía, a influencia das redes sociais e os medios de comunicación e a responsabilidade no seu uso, ou algo moi de actualidade, a intelixencia artificial.

A publicación está íntegramente deseñada, escrita, ilustrada e editada por alumnos e profesores do Pino Manso. Detrás de OPino hai un equipo de redacción formado por 25 alumnos e capitaneado por Anxo Alonso, Emma Salec e Natalia Márquez. Reporteiros/as, editores/as, deseñadores/as e redactores/as que implican a toda a comundiade educativa e contan sempre co asesoramento dos seus profes Pedro Ocampo, Juan Carlos Lago e Celeste Cancela.  

A revista OPino naceu hai tres anos para darlle forma á explosión de preguntas, ideas, inquedanzas, inconformismos, rupturas, conflictos, búsquedas de indentidade, a radicalidade, a creatividade…, que forman parte de cada persoa, especialmente dos/as adolescentes, o alumnado do instituto.  O alcalde, Alejandro Lorenzo, deu a noraboa  ao equipo de dirección da revista e ao IES Pino Manso por “un traballo traballo en equipo que non só reflicte unha defensa do pensamento crítico, a creatividade e o coñecemento, tamén da responsabilidade social dos mozos e mozas do Porriño. Noraboa e que OPino siga sumando edicións, contade sempre co apoio do voso Concello”.

Revistas OPino dispoñibles

Nº 2 - curso 2023/2024

Nº 1 - curso 2022/2023

Nº 0 - curso 2021/2022

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos