Novas restricións pola Covid, comunicadas pola Xunta de Galicia e de aplicación no Porriño a partir das cero horas do mércores 27

As novas medidas anunciadas polo presidente da Xunta para frear a expansión da pandemia en Galicia terán unha duración de 3 semanas como mínimo. É dicir, ata o 17 de febreiro.Son de aplicación no Porriño e en todos os demais concellos galegos

➡️ Peche total da hostalería. Só haberá servizo a domicilio, comida para levar e comedores de empresas.

????️ Comercio esencial mantense igual con horario ata as 21:30 h. (supermercados, farmacias, talleres do automóbil, estacións de servizo, entre outros). O resto do comercio pechará ás 18 horas. Os centros comerciais pecharán as fins de semana.

???? A Universidade de Vigo e as restantes de Galicia estarán pechadas e sen clase ata o 8 de febreiro. A partir desa data as clases serán en liña exclusivamente e a partir do 17 de febreiro tentarase retomar a educación presencial. O resto da actividade educativa mantense nos colexios, institutos e garderías. Polo tanto continuarán as clases en primaria, infantil, secundaria e bacharelato.

Pechan bibliotecas, museos, centros culturais e suspéndense os espectáculos.

⛹️‍♀️ Tan só poderá realizarse practica deportiva individual e ao aire libre. Con máscara. Os ximnasios deberán pechar así como os centros deportivos. Suprímese o aforo de público aos espectáculos deportivos nos recintos ao aire libre e nos recintos pechados. E seguen en suspenso as competicións deportivas federadas de ámbito galego.

???? Reunións limitadas a conviventes

???? O Porriño continuará pechado perimetralmente. Todos os concellos galegos tamén pecharán perimetralmente.O toque de queda segue a ser ás 22 horas.

NOVAS / CONCELLO
CARTEL INFORMATIVO.jpg
O Porriño convértese no aliado das familias esta Semana Santa con campamentos e obradoiros
Ao campamento de Semana Santa súmase o obradoiro de programación e tecnoloxía
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.