A nova sala de exposicións Antonio Palacios será pronto unha realidade

A nova Sala de Exposicións Antonio Palacios será pronto unha realidade. Este museo no que se mostrará, a través de diferentes pezas a traxectoria profesional e persoal do arquitecto porriñés, abrirá as súas portas este ano no marco do ano `Antonio Palacios. Patrimonio do Porriño´.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, supervisou esta semana os traballos de acondicionamento do local onde se ubicará a sala. Trátase dun céntrico espazo situado preto da Casa Consistorial, que dispón dunha superficie útil de 107,88 m2 e que ata o de agora se atopaba totalmente lóbrego. As obras de adaptación requiren unha inversión de preto de 67.000 e céntranse na acometida de instalacións de ventilación, climatización, electricidade, protección contra incendios e tamén a formación das fachadas, principal e traseira.  Simultaneamente, está a traballarse no proxecto de musealización da sala, co obxectivo de que se garantice unha adecuada visión das pezas e a súa conservación.

A sala de exposicións será un centro neurálxico da cultura na vila do Porriño

“A nova sala contará cunha mostra permanente materiais inéditos e descoñecidos ata o de agora”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Un material de gran valor que vai desde cadernos de traballo e de campo do arquitecto, textos, debuxos, planos ou maquetas, que atesoramos na súa vila natal e queremos abrir ao mundo”.  O rexedor indicou que ademais este espazo será un centro neurálxico da cultura na vila, “pois ademais da mostra albergará actividades culturais que xirarán en torno á figura de Antonio Palacios, como xornadas de arquitectura ou historia”. Cabe destacar que a apertura desta mostra permanente é unha das moitas iniciativas que conforman a axenda cultural porriñesa este ano, no que ademais de conmemorarse o 150 aniversario do nacemento do arquitecto porriñés, cúmprense 100 anos da construción da Casa Consistorial, a obra máis representativa que Palacios deseñou para a súa vila natal.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos