Nace a Rondalla Santa María do Porriño

O Porriño contará este ano cunha nova rondalla, a Rondalla Santa María do Porriño, unha agrupación integrada xa por 40 persoas. O Porriño é berce de rondalleiros/as e un referente no tocante a estas tradicionais agrupacións, ao contar coas dúas grandes Rondallas, a de Santa Eulalia de Atios e a da AC de Pontellas. Ademais, na vila do Louro celebrase cada ano o Encontro de Rondallas que reúne ás mellores formacións do sur da provincia e a miles de persoas que non faltan á cita.

O centro urbano do Porriño xa é rondalleiro

Este Nadal serán tres as Rondallas porriñesas que animen as rúas. A nova agrupación, dirixida por Seve Novas e capitaneada por Leticia Pereira, conta coa colaboración do Concello do Porriño, da Comunidade de Montes Santa María do Porriño, de patrocinadores privados e da Asociación Rosais, que se encargarán de elaborar as capas dos/as rondalleiros/as. 

“No centro urbano non tivemos nunca unha agrupación deste tipo e queremos recuperar esta tradición, impulsala e consolidala xa que hai unha gran afección. Só hai que dar o primeiro paso”, explicou o director, incidindo en que “Non vimos a competir, vimos a disfrutalo e a facer que a xente disfrute con nós”.

Seve Novas, “peixeiro e gaiteiro” como el mesmo se define, conta con experiencia neste eido xa que nos últimos anos dirixiu a Rondalla da Asociación Galiñeiro de Vincios. Natural de Cangas, pero afincado e veciño do Porriño desde hai dúas décadas, explica que se sinte porriñés e quere facer cousas polo seu pobo “sobre todo no eido cultural que é onde creo que teño moito que aportar, por inquedanza e por experiencia”.  Foi o impulso da capitana, Leticia Pereira, que participou da Rondalla Helios de Bembrive, o que os levou a dar o paso.

Dende a directiva da Rondalla Santa María do Porriño animan a todo o mundo a participar, sexan de onde sexan, teñan a idade que teñan e conten ou non experiencia. “É unha rondalla aberta a todo o mundo, pequenos e maiores, na que ninguén queda atrás”, afirman.

Como xa dixemos na actualidade rondan os 40 compoñentes e comezarán os ensaios no mes de setembro. Serán no centro urbano, inicialmente no Centro Cívico.  

O alcalde, Alejandro Lorenzo, monstrou todo o seu apoio “a esta nova Rondalla que vén a sumar cultura e tradición a un pobo como o noso, que valora como ninguén estas mostras de identidade”. O rexedor agradeceu á directiva “a súa iniciativa e a ilusión coa encaran esta andaina da que todos e todas formaremos parte”.

As persoas interesadas en participar poden contactar con eles a través do número de teléfono 619625436.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria