Máis de 40 pilotos de Galicia e Portugal danse cita mañá no Porriño

O Concello do Porriño acolle un evento de scalextric primeiro nivel, será da man do Slot Club Porriño, na súa sede localizada no número 2 da rúa Ourense. Trátase do Campionato Ibérico Legend organizado pola marca SRC. A competición celebrarase ao longo deste sábado, 4 de febereiro, e contará coa participación de máis de 40 pilotos procedentes de toda Galicia e do Norte de Portugal.

O alcalde Alejandro Lorenzo e o concelleiro de Deportes Abel Estévez presentaron xunto con representantes do Slot Club Porriño o cartel desta xornada que dará comezo ás 09.00 horas coas verificacións, momento no que a organización porá a lupa nas mecánicas dos coches para comprobar de que todo está correcto. A saída do primeiro dos coches está prevista para ás 10.00 horas. Os pilotos deberán percorrer 20 tramos, divididos en catro sección de cinco tramos cada unha. A proba continuará pola tarde, xa que logo da parada para xantar, a partir das 16.00 horas, os pilotos volverán a poñerse aos mandos dos seus vehículos para disputar as dúas últimas sección.

A cita de mañá é a segunda, única na provincia, dun total de 16 probas repartidas por toda a xeografía española e Norte de Portugal. Neste campionato Legend os participantes están divididos en cinco categorías: os 4x4, para coches con tracción ás catro rodas; os 4x2, para os coches con só tracción atrás; os máster, para pilotos nacidos antes de 1973; os infantís, para a cativada nacida a partir do 01/01/2009 e a categoría damas.

Dende o Concello e dende o Slot Club Porriño animan a asistir a “esta gran xornada de scalextric, aínda que só sexa para ver como van de rápido estes vólidos”.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos