Máis de 150 maiores do Porriño participan na excursión ao Carballiño, Ourense e Ribeira Sacra logo de triplicarse as prazas pola alta demanda

A elevada acollida da iniciativa fixo que o Concello ampliase as prazas previstas, organizando finalmente tres autobuses para atender todas as solicitudes recibidas

O alcalde, Alejandro Lorenzo, despediu ao grupo na saída, e cinco concelleiros acompañan ás persoas participantes durante toda a xornada

O Porriño, 20 de outubro de 2025.- O Concello do Porriño organizou este luns unha exitosa excursión turística á Ribeira Sacra, O Carballiño e Ourense, que contou con máis de 150 participantes maiores de 55 anos, unha cifra que se viu triplicada respecto da inicialmente prevista ao rexistrar unha alta demanda por parte da veciñanza.  A viaxe, promovida pola Concellería de Turismo, tiña previsto un único autobús, pero a excelente acollida da iniciativa levou ao Concello a reforzar os medios dispoñibles e mobilizar tres autobuses, permitindo así que todas as persoas inscritas puidesen desfrutar da xornada.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, achegouse ao Pavillón de Deportes esta mañá para despedir ao grupo antes da saída, momento no que destacou o valor destas iniciativas. "Estamos moi orgullosos da acollida que tivo esta excursión. Estas actividades non só permiten descubrir o noso patrimonio cultural e natural, senón que fomentan a convivencia, o envellecemento activo e a conexión entre a veciñanza. O feito de ter que triplicar as prazas é unha mostra clara do interese da cidadanía por participar e seguir implicada na vida do municipio", sinalou o rexedor.

Durante toda a xornada, cinco concelleiros do equipo de goberno acompañaron ás persoas participantes, compartindo con elas as visitas culturais e o paseo fluvial. O itinerario incluíu a visita ao Templo da Vera Cruz no Carballiño, obra emblemática de Antonio Palacios, unha visita guiada pola cidade de Ourense e unha travesía en barco polos Canóns do Sil, un dos paraxes naturais máis espectaculares de Galicia.

Desde o Concello do Porriño reiteran o seu compromiso de continuar promovendo actividades culturais, de lecer e de dinamización social dirixidas especialmente á poboación maior, e destacan que novas propostas xa están a ser preparadas para próximas datas que se irán dando a coñecer, tanto a través dos medios de comunicación, web e redes sociais municipais, como por medio de circulares ás diferentes asociacións veciñais e a nova canle a través da cal todas as persoas que estean interesadas en recibir este tipo de información poidan ter un coñecemento inmediato e directo.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.