José Calvar comeza a súa aventura no rally da República Checa coa súa "saída" desde O Porriño

O piloto porriñés José Calvar sae desde O Porriño cara ao Barum Czech Raily Zlín, a proba do campionato europeo de rallies que se celebra na República Checa entre o 16 e 18 de agosto. 

“Este rally é un dos máis emblemáticos do campionato europeo pola tipoloxía do terreo e a súa perigosidade”, explícalle Calvar ao alcalde, Alejandro Lorenzo. Esta peculiaridade fai que o porriñés, aínda que non participa no campionato europeo, decida disputar esta proba.

O piloto recorda que foi precisamente o tramo de Chenlo, a súa parroquia, do Rally Rías Baixas o que lle fixo por atención neste deporte, que lle leva dado moitas ledicias e triunfos desde hai xa 18 anos.  E é que os seus inicios como piloto foron no ano 205, cando mercou un Peugeot 205 Rally e adicouse a preparalo de cara a estrenalo o seguinte ano, e así foi o seu bautismo no Rally Sur do Condado, onde correu por primeira vez como piloto federado. Ese ano disputou catro carreiras máis.

Desde entón o seu palmarés non fixo máis que medrar con preto de 100 carreiras no seu haber e o recoñecemento de terse feito coa Copa Suzuki CERA 2014, Copa Kobe Motor CERT 2015, Copa Recalvi 2017, Históricos Cera en 2018, 2019, 2021 e 2022.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Deporte, Abel Estévez, despediron hoxe a Calvar aos pés do Concello do Porriño desexándolle a maior das sortes e agradecéronlle que leve sempre o nome do Porriño máis alá das nosas fronteiras. “Persoas como Jose, coa súa traxectoria e coa paixón que poñen no que fan, son os nosos mellores embaixadores”, concluíu Lorenzo.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos