Iván, primeiro membro da familia Machado cursando con éxito Formación Profesional

Esta mañá o alcalde Alejandro Lorenzo recibiu na Casa Consistorial a Iván M.D.J., un porriñés de 16 anos que superou con éxito o primeiro curso da FPB de Comercio. Iván é o primeiro na súa familia en chegar tan alto na súa formación académica.

É un mozo que conta co apoio incondicional dos seus pais, Lucía e Santiago,  dos seus profesores, que o seleccionaron para cubrir unha das 17 prazas dispoñibles este curso, e das traballadoras sociais do Concello. A súa determinación e inquedanzas foron determinantes para que rematara con éxito o primeiro curso do ciclo, un fito para a súa familia, que se dedican a venda ambulante.

Ademais de acudir ás clases ao IES Ribeira do Louro, Iván conta coa axuda do programa de inclusión social do Concello do Porriño. Estas clases de apoio, impartidas pola súa profe Rosa,  baséanse non so no contido das materias, senon tamén en técnicas de estudo e metodoloxías de traballo. Ademais, desenvólvense nun área de estudo idóneo e un ambiente tranquilo, sen ruidos, que propician a concentración.

A iniciativa de Iván e o seu traballo duro farán que no futuro poida optar a opcións laborais para persoas cualificadas.

Canto máis avanza, máis quere avanzar. O mozo confesa que o ano que ven acabará esta titulación e que a súa intención é seguir formándose tamén en outras especialidades, como a soldadura.

O alcalde animou a Iván a seguir formándose para poder optar a máis opcións laborais e salientou que “é un exemplo de esforzo e determinación e estamos moi orgullosos dos seus éxitos,  falo no meu nome e no do seu pobo”. O rexedor concluíu asegurando que “estes logros serán os primeiros de moitos máis, e esperamos que moitos mozos e mozas como el se animen a seguir avanzando na súa formación. Iván será o espello no que moitos e moitas poidan reflexarse”.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos