A intelixencia artificial na educación, a debate no Porriño

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e o director do Centro Asociado da UNED en Pontevedra, Víctor Manuel González, inauguraron onte o curso de extensión universitaria sobre a aplicación da intelixencia artificial no eido educativo, acompañados pola directora do curso María del Mar Román e a concelleira Rosa Isabel Alonso.

“Intelixencia Artificial en educación: desenvolvemento profesional e aplicabilidade na aula”  convida ao alumnado a introducirse e reflexionar sobre o papel da IA no contexto educativo. A través dunha serie de ponencias e estudos de caso, os participantes mergullaranse no mundo da intelixencia artificial entendendo os seus fundamentos e explorando o seu potencial para enriquecer a ensinanza e a aprendizaxe.

O programa non se centra na especialización técnica, senón en abrir un diálogo sobre as oportunidades, desafíos e consideracións éticas que a IA presenta neste eido. Os educadores que participan familizaranse con experiencias reais de implementación na aula para poder adaptalas aos seus propios contextos educativos.

“Este curso pretende ser un primeiro paso para aquelas persoas interesadas en comprender a IA e o seu impacto na educación, promovendo unha actitude crítica e creativa cara a súa integración no proceso educativo”, explicou o responsable da UNED Pontevedra.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, deu a benvida ao Porriño aos/as estudantes e agradeceu unha vez máis a aposta da UNED pola vila “xa que ofrece un gran abano de posiblidades de crecemento persoal para a veciñanza do Porriño e tamén unha enorme oportunidade para o noso tecido empresarial”.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria