Instagramers e tiktokers aos 80 no Porriño

Veciños maiores de 65 anos aprenden a concertar citas médicas, realizar compras e crear perfís nas redes sociais a través do seu teléfono móbil

O alcalde Alejandro Lorenzo e a concelleira de Política Social, Teresa Veloso, estiveron na última sesión do obradoiro dixital do que participou unha quincena de veciños de entre 65 e 80 anos

O Porriño, 30 de agosto de 2025.- Concertar cita co seu médico de cabeceira, consultar a predición meteorolóxica, reservar para visitar a praia das Catedrais e mesmo crear os seus propios perfís nas redes sociais son algunhas das accións que aprenderon un grupo de persoas maiores de 65 anos participantes nun obradoiro dixital que se celebrou no Centro Sociocomunitario do Porriño. O alcalde Alejandro Lorenzo e a concelleira de Política Social, Teresa Veloso, coincidiron co propio alumnado en que foi unha experiencia enriquecedora e moi produtiva para o día a día deste sector da poboación, que naceu fóra da era dixital e que no Porriño supón case unha quinta parte do padrón, ao seren 4.002 as persoas maiores de 65 anos.

 “O mundo avanza e nós non podemos quedar atrás, renovarse ou morrer, como di o refrán”, sinalaba María, unha das quince persoas participantes con idades que chegan ata os 80 anos, como é o caso de Alberto e Fernanda que aseguran empregan o WhatsApp a diario e consideran “moi útil utilizar o móbil para realizar determinadas xestións evitando así desprazamentos e gañando tempo”. Todos dispoñen dun teléfono intelixente, co que seguiron moi detalladamente e con moita atención as indicacións da monitora ao longo de todo o obradoiro e é que “o que non avanza, retrocede”, subliñan. "Este curso foi unha verdadeira revelación para min. Sempre oíra falar de WhatsApp e das redes sociais, e pensei que era cousa dos mozos, pero logo de aprender a usalas vexo que non é tan complicado e son moi útiles”, explicaba Josefa.

Estas reflexións mostran como, ao principio, pode haber resistencia ou medo, pero logo da formación, a sensación de seguridade increméntase. A relación coa tecnoloxía xa non é exclusiva da xente máis nova, senón que as persoas maiores tamén están empezando a usala de xeito práctico e significativo. "A realización destes obradoiros resulta esencial para asegurar que as persoas maiores teñan acceso ás novas tecnoloxías. Non podemos permitir que queden excluídas nun mundo que cada vez está máis baseado na dixitalización. É un verdadeiro pracer ver o interese e a implicación que están demostrando os nosos maiores neste tipo de actividades", sinala o alcalde.

O obradoiro, organizado por Cruz Vermella en colaboración co Concello do Porriño, desenvolveuse en sesións semanais durante os meses de xullo e agosto, e dado a boa acollida e a demanda do propio alumnado de continuar aprendendo nesta materia, xa valoran próximas edicións pero centradas, desta vez, no manexo dun ordenador. Nesta ocasión traballaron co teléfono móbil, adquirindo unha formación básica do seu manexo para navegar en internet, xestión de aplicacións, redes sociais e compras seguras.

A concelleira Teresa Veloso sinalou que “os resultados foron moi positivos, o que demostra que iniciativas como estas son necesarias para que ninguén quede atrás nun mundo cada vez máis tecnolóxico. Superar o medo ás novas aplicacións e poder realizar diversas xestións desde o teléfono móbil de cadaquén debe ser algo accesible para toda a poboación, loitando contra o edadismo”.

A realización de obradoiros dixitais para persoas maiores como este non só contribúe a mellorar a súa inclusión e autonomía na sociedade actual, senón que tamén fortalece a súa autoestima e benestar ao permitirlles adaptarse ás novas tecnoloxías. A boa acollida e a demanda de continuar aprendendo son sinais de que este tipo de iniciativas son fundamentais para que ninguén, sen importar a súa idade, quede atrás e todos poidan acceder aos beneficios do mundo dixital.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.