Iniciase a través do SEPE, a preselección de interesados nos 24 postos de traballo que vai contratar o Concello

O Concello do Porriño anuncia, a través de “Porremprego”, que dende esta semana abrese o proceso de preselección de aspirantes á contratación de 24 postos de traballo eventuais durante seis meses que reforzarán diferentes servizos municipais. O proceso realizase a través da oficina do Servizo Público de Emprego (SEPE).

Segundo informa “Porremprego”, as persoas que estean interesadas en participar na preselección que fará a oficina do SEPE terán que poñerse en contacto a través do correo electrónico oficina.emprego.porrino@xunta.es ou a través do teléfono 886 110 404. Deste xeito pode´ran comprobae se xa están inscritos cos códigos correspondentes nas ocupacións demandadas ou ben anotarse no caso de non estiveran inscritos.

A selección final e contratación levarase a cabo en “Porremprego”, servizo dependente do Concello do Porriño, entre as persoas preseleccionadas polo SEPE. Evidentemente ese proceso final de selección e contratación terá lugar cando demita a actual situación de estado de alarma.

Lembramos que as prazas que se convocan son: 1 traballador/a social; 1 diplomado/a en Turismo; 3 oficiais de carpintería; 2 oficiais de primeira soldador;1 oficial de primeira electricista; 4 oficiais de primeira de albanelería;2 peóns de obras públicas; 1 auxiliar de enfermería;2 auxiliares de biblioteca; 1 auxiliar técnico de informática/arquivo;2 peóns forestais; 2 peóns de limpeza e 2 conserxes. Todos eles a contratar a xornada completa durante seis meses.

O Concello disporá de 247.680 € para aboar eses 24 contratos que é o importe da achega outorgada pola Deputación Provincial a través da Liña 3 do Plan Concellos 2020.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos