A nosa Oficina Municipal de Información Xuvenil -co nº de rexistro 36-039-six-063 na Rede Galega de Centros de Información Xuvenil- é unha estrutura informativa de carácter municipal que presta servizos de información directamente aos mozos e mozas do Concello do Porriño e da contorna.
Ofrecémoslle á mocidade toda aquela información que poida ser de interese para o seu desenvolvemento persoal, prestando un servizo de atención e asesoramento informativo, a través de taboleiros de anuncios e expositores con documentación actualizada sobre temas variados e dun servizo de atención individualizada (presencial, telefónica e por correo electrónico).
Ademais, programamos, elaboramos, organizamos e xestionamos a realización e difusión dos diferentes programas, servizos, obradoiros e actividades dirixidas ás persoas mozas da nosa localidade, centros educativos e público en xeral.
Temos a disposición da mocidade información de interese en temas como:
- Traballo e formación (recursos para a procura, ofertas...)
- Vivenda (axudas, aloxamento para estudantes....)
- Voluntariado, participación e cooperación (local, internacional, recursos para asociacións....)
- Actividades culturais e deportivas, e inscricións en campañas e programas para mozos.
- Excursións, viaxes, exposicións, campamentos, obradoiros, convocatorias de concursos...
- Información do Carné Internacional de Estudante, Carné Internacional de Profesor/a, Carné Internacional Mozo, Carné de Alberguista, Carné Xove..
- Outros
Horario de atención ao público: luns e martes de 14:00 a 20:00 horas, mércores xoves e venres de 9:00-15:00 horas.
Domingo Bueno, 9
Planta baixa
36400- O Porriño
Teléfono: 986 337 624 ext.:1
Correo electrónico: omix@oporrino.org
Ligazóns de interese
- https://www.injuve.es/
- https://xuventude.xunta.gal/index.php
- https://www.depo.gal/es/xuventude
- https://carnexove.xunta.gal/gl
- https://voluntariadogalego.org/
- https://xuventude.xunta.gal/gl/campas-360
- https://www.depo.gal/es/-/campamentos-a-lanzada?utm_source=newsletter&utm_medium=email
- https://www.becaseurolingua.com/
- https://nova.oporrino.org/actualidade/plan-de-formacion-da-direccion-xeral-de-xuventude-2026