Imos de pinchos polo Entroido!

Un total de 24 establecementos de hostalería participarán nas Xornadas Gastronómicas do Entroido 2023 do Porriño. Esta ruta de pinchos forma parte do programa gastronómico posto en marcha dende o Concello do Porriño, en colaboración AHOSPOR, para poñer en valor a hostalería local, promocionar o comercio e dinamizar a vila aproveitando estes días de Entroido. 

O alcalde, Alejandro Lorenzo, o concelleiro de cultura, Bienvenido Estévez, a concellería de Comercio, Antía Carrera, e o presidente de AHOSPOR, José Manuel Fernández, foron os encargados de presentar hoxe esta iniciativa. 

"Dende esta fin de semana e ata o 25 de febreiro poderemos degustar as propostas dos nosos hostaleiros, cada venres e sábado a partir das 19h", explicou o concelleiro, Bienvenido Estévez. 

"Os locais prepararán pinchos típicos destas datas como lacón, cacheira, orella ou filloas, que poderán ser degustadas ao módico prezo de 1 euro", indicou o presidente da asociación de hostaleiros. 

Pola súa banda, o rexedor animou a toda a veciñanza do Porriño, e tamén á da contorna, a participar desta ruta de pinchos que "son máis ca unha degustación gastronómica, tamén son unha oportunidade para disfrutar xuntos destas festas á vez que contribuímos a revitalizar a nosa vila e a nosa economía". O rexedor agradeceu unha vez máis a AHOSPOR o seu dinamismo e iniciativa que contribúe ao desenvolvemento do Porriño. 

Establecementos participantes: Adega de Montero, A Francachela, Bar La Guía, Bar Liceum, Bolboreta Café, Cafetería El Pincho, Cafetería El Sol, Cafetería Platinum, Chicoria Alimentación, Cólleo con pinzas, Galibar Centro, Hotel Parque, La Bendecida, La Bici, La Cueva, La de Chato, Mesón Argentino 2, Nómadas, O Lar de Lore, Origen Café, Paso a Nivel, The Classic, Underground, Urban Café. 

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos