O Gran Premio Concello do Porriño chega este domingo á súa cuarta edición

Centos de ciclistas volverán rodar no Porriño na gran Volta ao Val. O domingo 16 de xuño disputarase a cuarta edición do Gran Premio Concello do Porriño Élite e Sub-23, organizado polo Club Master da Louriña en colaboración co Concello do Porriño e a Deputación de Pontevedra.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Deporte, Abel Estevez, presentaron a proba acompañados polo presidente do club organizador, Juan José Álvarez, e o representante do patrocinador privado Lasal Cocinas, Rafael Pérez.

Como cada ano contará cun atractivo percorrido e moi coñecido polos aficionados locais, con tres subidas (San Cosme e Abelenda por dúas veces) e un total de 140 quilómetros con saída e chegada no Porriño. A proba, será puntuable para o ranking nacional e a Copa de Galicia de Estrada.

O concelleiro de Deportes, Abel Estévez, destacou unha vez máis o “esmero e coidado que o club e todos os que o forman poñen en cada un dos eventos que organizan. É un selo de calidade”.

Pola súa banda, o presidente do club organizador, Juan Álvarez, convidou a todo o mundo a disfrutar da proba “a tradicional e reclamada volta ao val”. Álvarez explicou que “un dos puntos quentes será a meta volante, en Baiona”. 

O representante de Lasal, Rafael Pérez, explicou que para el que é “un gran apaixoado do ciclismo e do ciclismo porriñés en concreto, ver rodar centos de bicicletas pola vila é un orgullo, ver como se consolida esta proba nacional e ver correr aos nosos coa élite do ciclismo galego é moi satisfactorio”. O alcalde, Alejandro Lorenzo, concluíu emprazando a toda a veciñanza a vir este domingo ao Porriño a “disfrutar desta proba referente do ciclismo galego e do ciclismo porriñés” e agradeceu á organización e patrocinadores o “enorme esforzo que fan para que poidamos disfrutar no pobo de eventos deportivos de este nivel”.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria