@festivaldecans impulsa un curso de vídeo co obxectivo de realizar un documental sobre a figura da mestra "Dona Sara"

O Festival de Cans impulsa un ano máis o seu Proxecto Cans 303, un curso de gravación, edición e montaxe de vídeo, coa intención de iniciar no audiovisual a todas as persoas que desexen adquirir coñecementos. O obxectivo será facer como exercicio final unha curtametraxe colectiva que se estreará na vindeira edición do Festival de Cans, que terá lugar do 23 ao 26 de maio deste ano.

En pasadas edicións, o festival traballou con veciñas e veciños de diversas idades na creación de pezas documentais co obxectivo de recuperar a memoria da aldea e recompilar material fotográfico, en vídeo ou sonoro. Isto axudou e segue axudando a contruír a historia recente de Cans e a facer un archivo de imaxes sobre a parroquia.

O curso comezará o sábado 24 de febreiro para celebrarse todos os sábados dos meses de marzo e abril, entre as 10,00 e as 13,00 horas da mañá. Esta formación, que será impartida na sede do Festival de Cans polo realizador Juanma Lodo, terá un prezo de 40 euros, pero haberá un desconto do 50% para todas as persoas que colaboren na organización do festival ou sexan socias da Asociación de veciños O Castelo de Cans.

As persoas que desexen presentar a súa candidatura para o curso poden inscribirse no mail festivaldecans@festivaldecans.com, ou no número de teléfono 679 433 076. O prazo para a inscripción rematará o xoves 22 de febreiro ás 15,00 horas.

Este ano, as persoas que se inscriban no grupo, traballarán nun documental sobre a figura de Sara Quinteiro, mestra histórica de Cans durante varias décadas -á que todo o mundo na aldea coñecía como Dona Sara-, e que impartía as súas clases na "Casa da Mestra". O festival fai un chamamento a todas aquelas persoas que poidan aportar material fotográfico e reseñas biográficas desta mestra e das que foron as súas alumnas para recuperar a súa historia coa maior exactitude posible.

O Proxecto 303 tamén se complementa cun blogue do mesmo nome, coordinado por Juanma Lodo, onde se van escribindo os avances do curso ao mesmo tempo que se explican nocións técnicas de algunhas das secuencias máis coñecidas da historia do cinema.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria