@festivaldecans fai este ano unha grande aposta polos coloquios coa participación de Manuel Lourenzo, Berta Ojea, Borja Cobeaga ou Nieve de Medina

O Festival de Cans fará na súa 15ª edición unha gran aposta polos coloquios e encontros co público, que terán lugar no histórico ‘Baixo do Moncho’ nas mañás que van do mércores 23 ao venres, 26 de maio, sempre ás 11 e media, con entrada libre ata completar un aforo máximo de 100 persoas.

O mércores, 23 de maio, estes encontros abriranse cun coloquio sobre pioneiros no oficio da intepretación, onde se analizará a evolución da profesión de actriz e actor nas últimas cinco décadas. A presenza de Manuel Lourenzo, agora nun momento de gran popularidade polo seu papel de Vicente Otero "Terito" na serie "Fariña", será un dos grandes atractivos destes coloquios. Neste coloquio, estará acompañado de Pilar Pereira, unha das actrices galegas de máis longa traxectoria, con multitude de papeis en máis de 50 anos de carreira no cine, no teatro ou nas curtametraxes.

O xoves, 24 de maio analizaranse as desigualdades entre actrices e actores e o debate que se está producindo sobre todo nos últimos meses, coas actrices Berta Ojea, Tamara Canosa e Mariana Fernández como relatoras. Mariana Fernández, agora presente na serie "Fariña", pero tamén antes moi popular polo seu papel de Maribel no "Show dos Tonechos". Mariana Fernández é ademais profesora da Universidade de Vigo onde imparte clases de dirección escénica.

Por último, o venres 26 de maio, os Coloquios de AISGE estarán dedicados ao acoso sexual, tratando de analizar este tabú que se está derrubando desde hai uns meses. A actriz Nieve de Medina, coñecida por filmes como Los lunes al sol e El Bola, a coñecida actriz galega Nieves Rodríguez, Presidenta de AAAG (Asociación de actrices e actores de Galicia) e Isabel Blanco, delegada en Galicia de AISGE e Chimpín de Prata deste ano en Cans, protagonizarán o terceiro deste encontros.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria