EU Son e BNG proporán ó pleno que o Concello de O Porriño apoie a manifestación en defensa da sanidade pública

Entre as comisións informativas municipais que se van celebrar este mércores para preparar o vindeiro pleno, engadiuse a convocatoria da Comisión de Asuntos Sociais na que os grupos municipais de EU Son e BNG presentan sendas mocións en defensa da sanidade pública.

Ambas formacións políticas levarán ó pleno a proposta de que o Concello de O Porriño apoie a manifestación en defensa da sanidade pública que terá lugar o 9 de febrero.

Lembramos que ademáis está convocada a Comisión Municipal de Cultura que inclue a renovación por catro anos do convenio coa Sociedade de Xestión do Xacobeo para a xestión do Albergue de Peregrinos pois o anterior databa de 2008. Na mesma trataráse a moción que presenta o PP para amplar os horarios de funcionamento da Biblioteca Municipal, e outra moción de EU Son para a regulación do uso da pirotecnia no concello.

No que atinxe ás restantes Comisións Municipais, cancelouse a de Contas por innecesaria xa que a desestimación de alegacións á Conta Xeral de 2019 realizarase directamente polo pleno da Corporacion.

Haberá Comisión de Urbanismo que tratará diversos asuntos propostos para o pleno polo concelleiro de Infraestructuras Pedro Pereira. Entre eles figura a cesión dunha parcela no Polígono das Gándaras á asociación “Aceesca” para a construcción do centro de formación dual. O terreo está a continuación do Parque de Bombeiros.

Por último, está convocada a partir das 18 horas, Comisión Municipal de Economía que tomará coñecemento do recurso de “Urbaser” contra a adxudicación do contrato de limpeza viaria e do fallo do Tribunal de Contratos Públicos de Galicia. A mesa de contratación reunida a pasada semana decidiu excluir á firma "Ascan" e trasladar ó pleno da Corporación Local que resolva a readxudicación do contrato de limpeza ciaria en favor da segunda empresa mellor puntuada que foi "Urbaser". O asunto xa foi tratado previamente na xunta de voceiros municipais celebrada o pasado xoves 16.

Nesta comisión tamén se debatirá unha moción de “EU Son” para establecer unha regulación dos contratos menores.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos