Este xoves, ás 7 da tarde, no Círculo Recreativo e Cultural, 'Festival de Nadal da Escola Municipal de Música'

Dentro do programa de lecer destas festas, este xoves chega un dos días máis salientábeis co 'Festival de Nadal da Escola Municipal de Música', ás 7 da tarde no Círculo Recreativo e Cultural, no que participarán alumnas e alumnos de Música e Movemento, Coral Infantil, Coral Polifónica, Grupo Tradicional, Grupo de Guitarras, Orquestra e Banda de Música Municipal.

A Escola Municipal de Música do Porriño, unha das máis importantes do sur de Galicia, conta  con 14 profesores que semanalmente imparten clases das diferentes especialidades instrumentais a máis de 150 alumnos de idades comprendidas entre os 3 e 74 anos. Esta escola municipal está integrada por cinco agrupacións que dan cabida non só aos alumnos da escola, senón tamén a todos os vecinos e veciñas de O Porriño.

A Escola Municipal de Música de O Porriño está configurada como un primeiro paso para todos os alumnos que desexen estudar académicamente nun conservatorio, xa que os seus curso de Grao Elemental está programados seguindo as pautas de esixencia para una futura proba de acceso a grao medio. Na Escola Municipal de Música ademais, impártense clases ata segundo curso de Grao Medio.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos