Dúas mil persoas tomarán o domingo as rúas do Porriño para participar da CAE Interrunning

A proba coincide coa conmemoración do Día Mundial do Alzhéimer e con tal motivo iluminarase a casa do Concello de cor verde

O SummerSon Jam, a foodtruck de “Galicia Sabe Amar” e un espectáculo de marionetas completan a programación festiva da xornada dominical

Mañá sábado celébrase a Festa do Peregrino e do Turista e o Torneo Resmine-Atios Cup 2025

O Porriño, 19 de setembro de 2025.-  Chega ao Porriño un ano máis a CAE Interrunning. Será o vindeiro domingo, cando unhas 2.000 persoas, de todas as idades, afeccionadas e profesionais, tomen as rúas do casco urbano para participar da que será a terceira edición da Carreira de Empresas de Galicia e a XIV Interrunning, que conta nesta ocasión ademais cunha tripla acción solidaria de apoio a Asociación Española Contra o Cancro, Aceesca e Afaga. Precisamente, o domingo 21 de setembro conmemórase o Día Mundial do Alzhéimer que promoven e poñen en valor as accións levadas a cabo por asociacións como Afaga, destinada a mellorar a calidade de vida dos enfermos de Alzhéimer e outras demencias, e con tal motivo, a partir do serán, iluminarase de verde a casa consistorial.

"Esta fin de semana, O Porriño énchese de vida cunha programación cultural e deportiva pensada para todos os públicos e que serve de antesala perfecta á fin de semana grande das Festas do Cristo. Festa do Peregrino, Carreira de Empresas, Interrunning, SummerSon Jam, foodtruck Galicia Sabe Amar, espectáculo de marionetas… convidamos a toda a veciñanza e visitantes a desfrutar desta fin de semana, que comeza xa esta mesma tarde coa Festa Flamenca, continúa con concertó de Noemí e a Noite Aberta, chea de cultura, deporte, solidariedade e tradición, que nos prepara para vivir con máis forza as festas que están por chegar", explica Alejandro Lorenzo.

A xornada do domingo arrancará ás 09.30 horas coa Andaina Antonio Palacios de 8 quilómetros, ás 11.30 horas será a saída das competicións 5K e 10K e ás 12.45 e 12.50 horas celebraranse as carreiras infantís de Pitufos e Chupetes. Trala entrega de premios terá lugar unha “after run party” aberta a todo o público, con música, regalos e moito ambiente festivo, no que tampouco faltará a boa gastronomía, cunha nova visita ao Porriño da foodtruck de “Galicia Sabe Amar”, que estará instalada e ofrecendo petiscos de peixe e marisco galegos, en horario de 09.30 a 14.00.

De xeito paralelo, celebrarase o festival de música urbana e batallas de baile SummerSon Jam, no Parque Infantil, que comezará ás 10.00 horas, cun workshop de hip hop impartido pola francesa Lindsay Badnes. De 12.00 a 14.00 horas será a competición de beginners e a partir das 16.00 horas será a quenda da categoría advanced. A música da xornada virá da man de DJ Walid e o broche de ouro dunha xornada épica de baile urbano porao Law, cun concerto ás 20.30 horas.

Por outra banda, enmarcado tamén nas Festas do Cristo, a compañía Pelele presentará o seu espectáculo de marionetas “A morte de don Cristóbal”. Será o domingo ás 19.30 horas na Praza Arquitecto Antonio Palacios.

Antes de todo isto, O Porriño acolle mañá sábado, a partir das 16.00 horas, a Festa do Peregrino e do Turista. Haberá un photocall situado a pé de rúa no que os visitantes poderán selar a súa credencial de peregrino; organízanse dúas visitas guiadas, unha “Camiñando polo Porriño”, de 16.00 a 17.00 horas, a través da cal se percorrerán espazos emblemáticos da vila, achegando historia, arquitectura e urbanismo local, e outra “O Porriño con ollos de peregrino”, de 17.00 a 19.00 horas, combinada cun obradoiro de pintado de cunchas. A xornada estará amenizada con música a cargo de artistas locais e como peche, ás 19.00 horas, concerto do grupo de pandereteiras Alxibeiras de Ponteareas.

Tamén mañá o campo municipal do Carballo acollerá a última xornada do Torneo Resmine-Atios Cup 2025. Logo de disputarse as categorías alevín e prebenxamíns é a quenda agora dos benxamíns, coa que se pon fin a esta competición.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.