Diego Paz e Cristina Torres gañadores do VI Tríatlon Concello do Porriño

Finalmente foron 205 os participantes na sexta edición do Tríatlon Concello do Porriño que se disputou con boas condicións meteorolóxicas, a pesares de que a choiva fixo acto de presenza un par de veces, tanto na saída en Tui como despois en Porriño. Pero de xeito pasaxeiro.

A organización brillou pola súa eficiencia que foi louvada polos participantes. As Policías Locais de Tui e máis de Porriño así como a Garda Civil de Tráfico, o persoal da Comandacia Fluvial de Tui e máis de douscentos voluntarios encargaronse de manter a orde e seguridade tanto dos participantes como do público.

No aspecto deportivo, brillante triunfo de Diego Paz, triatleta de Ponteareas, orixinario da parroquia de Cristiñade e pertenecente ó club "Arcade Consultores Inforhouse". Chegou en cabeza xunto con Brais Canosa á transición da rúa Domingo Bueno, ó remate do tramo de bici, e marcou as diferenzas no treito final de carreira a pé. O seu tempo final foi de 59' 59".

Na categoría feminina igualmente dominou sen discusión Cristina Torres, do club "Tríatlon Mar de Vigo". Cruzou a liña de meta cun tempo de 1 hora, 14' 28". Ainda que na foto aparece outro, hai que restalle cinco minutos que foi a diferenza entre a saída do homes e das mulleres en Tui.

Eva García de la Torre, alcaldesa de O Porriño e Enrique Hernández, en representación da Federación Galega de Tríatlon entregaron os galardóns ós gañadores nas diferentes categorías que referimos a continuación.

CLASIFICACIONES VI TRIATLON CONCELLO DE PORRIÑO

Masculina

1 Diego Paz,

2 Brais Canosa

3 Marcos Vila

Femenina

1 Cristina Torres

2 Patricia Alvarez

3 Sandra Sobreira

Cadete femenino

1 Antia Pazos

Cadete Masculino

1 Javier Fernández

Junior masculino

1 Yago Carballo

Veteranos femenina

1 Patricia Alvarez

Veteranos masculino

1 Agustin Ríos

Primera triatleta local

Rocio Blanco

Primer triatleta local

Diego Pereiro

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos