A crise do COVID-19 converteu á incerteza nunha parte omnipresente nas nosas vidas. Non sabemos como vai ser a nosa realidade na próxima semana, e non falemos xa do próximo mes ou o vindeiro curso...
Neste contexto é lóxica e compartida unha preocupación, tanto pola continuidade do proceso educativo, como polo impacto da crise na saúde emocional do alumnado, da educación dos nosxs fillxs.
Conscientes desta situación, ofrecemos esta proposta educativa que emprega a saúde como fío condutor, desde unha perspectiva integral e unha metodoloxía práctica e positiva. A través de 5 guías temáticas (Emocións e Sentires, Medio Ambiente, Alimentación, Comunidade e Tempo libre), proponse unha serie de actividades para xerar espazos de traballo que axuden á rapazada a mellorar o seu desenvolvemento tanto físico como emocional. Actividades de desafogo, de conversa, de evasión, de creatividade, de reflexión... relacionadas coas competencias clave do currículum e orientadas á integración de diferentes coñecementos e hábitos no seu día a día dun xeito activo e participativo.
Facendo clic sobre a imaxe “baixarás” o documento completo.