@depo_es propón sete accións formativas no punto 'SmartPeme' do Porriño

As oficinas do programa “SmartPeme” da Deputación de Pontevedra no Porriño acollerán durante o mes de febreiro un total de 7 accións formativas no Multicentro Muncipal de Torneiros.

As mesmas teñen coma obxectivo  a adaptación das empresas e proxectos

emprendedores da provincia ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas

actividades e aproveitar as ferramentas existentes co obxectivo de aumentar a

súa competitividade.

Deste xeito, “SmartPeme” oferta ás persoas emprendedoras e

pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise,

asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no

ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa

colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas

autónomas.

O Porriño acollerá os seguintes obradoiros: iníciase o xoves 7 de febreiro, ás 19:00h, co curso “Optimiza a visibilidade da túa web con Google Search Console”.

“Xestión e comercialización de vivendas e apartamentos turísticos” chegará o martes 12 ás 17 horas.

O xoves desa mesma semana, ás 19 horas, impartirase “Crea e deseña a identidade da túa empresa desde cero”.

A acción “Woocommerce: A solución que buscabas para vender por Internet” terá lugar o martes 19 ás 18 horas.

O xoves 21 de febreiro, ás 19 horas, chega “Chatbots: A automatización da atención á clientela”.

O martes 26, tamén ás 19 horas, impartirase o curso “Ferramentas de Google para a promoción de negocios locais”.

Por último, o xoves desa mesma semana, ás 19 horas, terá lugar “Como promocionar o teu propio evento en redes sociais”.

As persoas que queiran poden anotarse chamando ao teléfono 886 20 20 20 ou entrando no portal web SmartPeme  – www.smartpeme.depo.es.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos