Departamento de deportes

O Concello de O Porriño aposta polo deporte como motor de vida saudable, ofrecendo instalacións modernas como o Polideportivo Municipal, campos de fútbol, velódromo, pista de aeromodelismo e pistas polideportivas.

O Porriño leva anos apostando polo deporte coma motor dunha sociedade cada día máis activa, ofertando numerosas actividades nas súas instalacións deportivas, así como a organización de eventos, apoyo aos clubes da localidade, e atraendo a espectáculos deportivos para o desfrute da nosa veciñanza.

Tendo sempre en conta o desenvolvemento psicomotor de nenos e mozos en idadeescolar, coa intención de completar a educación físico-deportiva dos colexios e centros de ensino medio. Fomentar os hábitos deportivos, o espírito de equipo, a capacidade de superación, utilizando para iso o aspecto lúdico inherente á actividade física. A propia Carta

Europea de Deporte, no seu artigo sexto, “adopta e convida o fomento da práctica do deporte entre toda a poboación, xa sexa con vistas ao lecer e a recreación, á promoción da saúde ou á mellora do rendemento…”.

Contamos con numerosas instalacións, e pensando no futuro, non deixamos de mellorar as existentes e proxectar novas. En O Porriño ofértanse numerosos deportes que practicar nos clubes da localidade, contando con toda a información a través do correo deportes@oporrino.org

A través do teléfono 986 34 44 20, pódense reservar as pistas de pádel, ou presencialmente na Piscina municipal.

(FORMULARIO RESERVA ONLINE)


As pistas de tenis, pódense reservar na conserxería do pavillón nº1.

(FOTO EXTERIOR ENTRADA PRINCIPAL)


O Centro Polideportivo Municipal da nosa localidade conta con numerosas instalacións para a práctica deportiva e actividades físicas dirixidas.

Dirección: Rúa Doantes de Sangue, 2, 36400. O Porriño (Pontevedra).

Superfície construida: 2.500 m2.

(FOTO PABELLÓN Nº1)

    - Pavillón nº1

    • Aforo: 2.000 espectadores
    • 8 vestiarios.
    • Oficinas de clubes.
    • Cafetería.


    (FOTO PABELLÓN Nº2)

    - Pavillón nº 2

    • Aforo: 800 espectadores
    • 6 vestiarios.
    • Oficinas de clubes.
    • Rocódromo.
    • Cafetería.


    (FOTO PISTAS CUANDO ESTÉN CUBIERTAS)

    • 2 pistas de pádel cubertas.
    • 2 pistas de tenis.
    • 2 vestiarios.


    (FOTO PISCINA)

    - Piscina Municipal cuberta.

    • 1 vaso de 25 m. X 12.5 m. A súa profundidade máxima é de 1,85 m., e a profundidade mínima é de 1,35 m. Consta de 6 calles, 6 polletes e unha capacidade máxima de 100 persoas.
    • 1 vaso recreativo de 0,85 m. Profundidade mínima de 0,65 m.
    • 4 vestiarios con capacidade para 25 persoas.
    • Aforo gradas: 50 asentos.


    INSTALACIÓNS DEPORTIVAS NO TÉRMINO MUNICIPAL.

    Velódromo Municipal.

    Creado en 1993, é a única instalación do seu tipo en Galicia. En proceso de remodelación.

    Pista de aeromodelismo.

    Esta instalación está considerada como unha das mellores de España, debido a súa situación e a calidade das mesmas. Pista de voo asfaltada de 220 m de longo por 10 m de ancho sobre unha plataforma de 24.000 m2. 300 x 80.


    Campos de fútbol:

    Campo de fútbol do Carballo. Atios

    Capacidade: 800 persoas sentadas.

    Herba artificial

    Campo de fútbol O Folón. Mosende

    Capacidade: 300 persoas sentadas.

    Herba artificial.

    Campo de fútbol do Lourambal

    Capacidade: 400 persoas sentadas, 300 de pé.

    Herba natural.

    Campo de fútbol do Lourambal 2

    Capacidade: 100 persoas sentadas, 300 de pé.

    Herba artificial.

    Campo de fútbol As Reloas. Budiño.

    Capacidade: 300 persoas sentadas.

    Herba artificial.

    Campo de fútbol San Campio. Pontellas.

    Capacidade: 300 persoas sentadas.

    Herba natural.

    Campo de fútbol San Campio 2. Pontellas.

    Capacidade: 100 persoas sentadas, 500 de pé.

    Herba artificial.


    Complexo deportivo aA Granxa

    • Pista de atletismo.
    • 2 pista de tenis.

    (FOTO PISTA ATLETISMO)


    Pistas polideportivas:

    • Pista polideportiva de Torneiros.
    • Pista polideportiva A Graña.
    • Pista polideportiva Budiño.
    • Pista polideportiva Trapa SCDR Mosteiro.
    • Pista polideportiva O Casal.
    • Pista polideportiva O Noval.
    • Pista polideportiva Vacaria.
    • Pista polideportiva Polígono 1 de Torneiros.
    NOVAS / CONCELLO
    WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
    O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
    A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
    WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
    O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
    O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
    WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
    Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
    O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
    FOTO 1 (3).jpg
    Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
    O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
    Canal de Denuncias Fondos Europeos
    Canal de Denuncias Fondos Europeos
    WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
    O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
    O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
    FOTO 1 (3).jpg
    O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
    A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
    WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
    O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
    As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.