Concello e "Maier Ferroplast” firmaron un convenio para máis incorporacións laborais no ámbito do programa "Porriño Accede"

Dende o pasado xaneiro, ó longo dos cinco meses

transcurridos, o programa  “Porriño

Accede” que se desenrola por terceiro ano consecutivo, fomentou a incorporación

ó mercado de traballo en empresas da cidade e da bisbarra. Segundo o balanzo

feito pola Concellería de Emprego,  65 foron as persoas seleccionadas para

recibir formación das cales 26 firmaron

xa un contrato de traballo no que leva de ano e outras 19 realizan prácticas durante o mes de maio con expectativas de

inserción, en distintas empresas do Porriño.

Para a a formación desas persoas, realizáronse dúas edicións

de produción industrial e manexo de carretilla elevadora, prevención de riscos

laborais no sector da automoción, soldadura MIG MAG, Lean Manufacturing,

Ponte-grúa e Inxección de Plásticos.

Fixeronse 12 convenios de colaboración asinados entre o tecido empresarial e o Concello de Porriño que permitiron a un total de 42 aspirantes formarse nas empresas para acceder a unha oportunidade de traballo. Nese contexto a empresa Maier Ferroplast Sociedad Cooperativa Galega asinou un acordo de colaboración co Concello do Porriño na procura de formar 7 persoas en situación de desemprego cara a súa posible incorporación na compañía, segundo establece o convenio que suscribiron a alcaldesa Eva García mailo director da pranta, José Antonio Lima. Despois da firma, realizouse unha visita ás instalación da factoría que tén da orde de 250 operario, cunha facturación de 337 millóns de euros. Adícase á fabricación de pezas plásticas para o automóvil tendo por principal cliente a PSA-Citröen e outros fabricantes asentados en España

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos