Cinema, música, auga e festas patronais esta fin de semana no Porriño

A Praza Arquitecto Antonio Palacios acolle mañá a proxección do filme “Gru 4 Mi villano favorito” e o domingo tobogán xigante, inchables de auga e festa da espuma

O barrio de San Sebastián celebra as súas festas patronais e Chenlo o Neno Xesús

O Porriño, 22 de agosto de 2025.- Continúa o cinema na rúa no Porriño. Este sábado, unha nova sesión na Praza Arquitecto Antonio Palacios, a partir das 20.30 horas, coa proxección da película de animación “Gru 4 Mi villano favorito”. E no mesmo lugar, o domingo, de 17.30 a 20.00 horas, como todos os dos meses de xullo e agosto, instalaranse un tobogán xigante e inchables de auga para refrescar a tarde aos máis pequenos da casa rematando con festa da espuma.

De xeito paralelo, no barrio de San Sebastián celébranse as festas que honran ao seu patrón. Mañá sábado, ás 17.30 horas, inchables para a cativada e festa da espuma. A partir das 19.00 horas animación e ás 20.00 horas a tradicional Gran Sardiñada. Pola noite, ás 22.00 horas, actuación de Emilio Rúa, que ofrecerá un concerto en lingua galega facendo un repaso polos seus 25 anos de carreira, nos que editou 160 cancións e publicou unha ducia de discos. Xa o domingo, ás 12.00 horas oficiarase a misa na Igrexa Parroquial de Santa María, seguida da procesión ata a Capela de San Sebastián acompañada polos gaiteiros da Asociación Cultural A Forna. Ao rematar, levarase a cabo a tradicional poxa e deseguido degustación de rosca e bebida. A queima da fachada prevista como broche final das festas queda suspendida ao estar decretado o índice de risco de incendio alto.

Festas do Neno Xesús en Chenlo

A parroquia de Chenlo celebra os días 24 e 25 de agosto as súas festas na honra ao Neno Xesús. O domingo ás 12.00 horas oficiarase a misa cantada polo Coro Voces de Chenlo, seguida de procesión acompañada pola Banda de Música de Porriño. A continuación terán lugar as tradicionais poxas.Pola noite, actuación da orquestra Galaxia e o trío Luces de Bohemia. Xa o luns, volverá haber misa ás 12.00 horas, acompañada do Coro Voces de Chenlo e a procesión co Grupo de Gaitas Asubío; deseguido, as poxas. A partir das 17.00 horas celebraranse as tradicionais cucañas e ás 22.00 horas verbena amenizada pola orquestra Capitol e o trío La Noche del Grove.

O alcalde Alejandro Lorenzo sinala que "O Porriño continúa a ser un referente en dinamización cultural e festiva durante o verán, tanto no centro urbano como nas parroquias. Esta fin de semana teremos unha ampla oferta para todas as idades, desde cinema ao aire libre ata actividades acuáticas e festas tradicionais onde non faltará a música en directo. Convidamos a toda a veciñanza e a quen nos visita a desfrutar destas propostas pensadas para compartir, divertirnos e seguir poñendo en valor a nosa cultura e tradicións. Grazas ás comisións de festas, ás asociacións e ao persoal municipal polo seu traballo e compromiso”.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.