O campus de voluntariado internacional "Gándaras de Budiño" inspira aos participantes

A Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Lara Meneses, e o concelleiro de Xuventude, Antonio Barros, visitaron o Campo de Voluntariado Internacional “Gándaras de Budiño”, impulsado polo Concello do Porriño en colaboración coa Xunta no marco da campaña “O teu mellor verán”.  O obxectivo deste campus é destacar a biodiversidade e o gran valor medioambiental das Gándaras de Budiño.

Durante a visita, Meneses e Barros puideron ver de cerca o labor ambiental que están a desenvolver os 15 mozos e mozas de entre 18 e 30 anos que participan no campo. Eles mesmos encargáronse de explicarlles todas as actividades que se están a levar a cabo no marco desta iniciativa, como as charlas formativas de educación ambiental e a posta en práctica do aprendido: a retirada de especies invasoras, como a caña e a tintureira, ou a retirada de basura no río Louro e nos seus afluentes en Porriño e nas Gándaras de Budiño, entre outras actividades.

O Campo de Voluntariado tamén engloba actividades culturais e lúdicas. Os e as participantes visitaron lugares como Cabo Home, Curro da Valga, os Muíños do Folón e Picón e Tui. Ademais, gozaron de visitas e xogos polo casco urbano do Porriño e experimentaron as festas dos pobos de Galicia, asistindo as festas de Atios na honra de San Bieito.

"Volvo a Zaragoza cunha idea do que me quero dedicar, o tipo de traballo que quero buscar, relacionado co medioambiente" - Allende Sauras

Mozos e mozas de México, Francia, Italia, Madrid, Cuenca, Zaragoza, Badajoz, Valencia, Navarra e Galicia levan conviviendo no Porriño desde o 23 de xullo para facer este voluntariado que remata mañá, 3 de agosto. Algúns deles, como Allende Sauras, de Zaragoza, ou Mani Martínez, de México, é a primeira vez que visitan Galicia e califican esta experiencia de moi positiva, tanto pola parte de coñecemento e educación medioambiental, como pola parte de visitar a nosa Comunidade, chea de biodiversidade e lugares máxicos. Allende acaba de rematar os seus estudios de ADE, confesa que “o campus inspiroume moito. Volvo a Zaragoza cunha idea do que me quero dedicar, o tipo de traballo que quero buscar, relacionado co medioambiente”. “É un voluntariado moi enriquecedor tanto a nivel de impacto medioambiental para O Porriño e Galicia, como a nivel persoal”. Pola súa banda, Mani salienta as aprendizaxes, “como poden afectar as especies invasoras ás orixinais”, e a beleza de Galicia, “especialmente a Illa de San Simón”.

Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño, salienta “esta posta en valor das nosas riquezas naturais e culturais entre a mocidade de Galicia, España e todo o mundo. Animo a toda a veciñanza a participar de forma voluntaria nas diferentes actividades que se están a facer ao longo do ano desde o Concello para coidar a nosa contorna”.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos