A Axenda Urbana do Porriño avanza na definición do seu marco estratéxico unha vez indentificados os principais retos do municipio

A Axenda Urbana e Rural do Porriño avanza na definición do seu marco estratéxico logo da identificación dos principais retos do municipio.

“O proceso participativo concluíu coa cunha ampla participación da veciñanza na enquisa e coa celebración de cinco mesas nas que participaron os técnicos e traballadores municipais, grupos políticos, axentes sociais, medioambientais e económicos”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Entramos xa na seguinte fase, na que se elaborará o marco estratéxico e o conseguinte Plan de Acción de maneira participada con todos os axentes do territorio, asegurando desta maneira que o documento final sexa un reflexo das capacidades e necesidades colectivas do Porriño”.

O rexedor mostrouse agradecido do alto grado de participación dos/as porriñeses/as, que mostraron a súa opinión a través do cuestionario online que estivo dispoñible na páxina web da Axenda Urbana. “Demostra o compromiso da veciñanza co seu pobo, algo clave para alcanzar os obxectivos que nos propostos e construír entre todos un Porriño máis cohesionado e cun futuro sostible”, concluíu Lorenzo.

A veciñanza define os retos do Porriño

O fomento da mobilidade peonil e ciclista entre O Porriño e Torneiros e a reducción do impacto do paso do tren polo centro urbano, son algunhas das necesidades que os/as porriñeses/as consideran prioritarias, segundo conclúe o proceso participativo, impulsado polo Concello do Porriño,  vencellado ao deseño do documento.

A fase de Diagnóstico detectou outros retos priorizados pola veciñanza, como a necesidade de impulsar o uso do transporte colectivo nos desprazamentos coa área metropolitana, que inclúa a conexión dos núcleos rurais, ou a rexeneración ambiental das Gándaras de Budiño e dos ríos Louro e Couso para poñer en valor o patrimonio natural do Porriño.

Outra das prioridades destacadas pola cidadanía é a consolidación dunha rede de saneamento e abastecemento que dea cobertura a todo o municipio.

A ollada da diagnose tamén se centrou no eido social, e neste ámbito os/as porriñeses/as poñen o foco na reducción da vulnerabilidade da poboación e das desigualdades sociais.

No tocante ao desenvolvemento industrial concluíuse que un dos retos a fixar é impulsar a competitividade exterior e innovación apoiándose nos centros tecnolóxicos como o CTAG; AIMEN e o Centro Tecnolóxico do Granito.

Axenda Urbana e Rural do Porriño

A Axenda Urbana e Rural do municipio inclúe tres fases: o diagnóstico, o marco estratéxico e o plan de acción. Ademais van acompañadas dun proceso  transversal de participación cidadá.

A finalización da primeira fase conclúe cun conxunto de retos que foron priorizados no proceso participativo.

Agora estáse a traballar na definición do marco estratéxico que vai definir as liñas estratéxicas e as accións. Este proceso vai permitir dar resposta ás necesidades identificadas para lograr un Porriño inclusivo, integrado, resiliente e sustentable. Todos os detalles da Axenda Urbana pódense consultar en https://axendaurbanaoporrino.com/

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos