As alcaldesas de Porriño, Mos, Salceda e Tomiño comprometéronse cos traballadores de "Maderas Iglesias" na procura de solucións

Seis dos concellos máis afectados pola crise de “Maderas Iglesias”, xa que teñen máis veciños entre os 148 traballadores, estiveron representados na xuntanza celebrada hoxe no Porriño co comité de persoal desa industria.

Á convocatoria realizada e presidida pola alcaldesa porriñesa, Eva García de la Torre, acudiron as súas homólogas de Mos, Nidia Arévalo; Salceda de Caselas, Loli Castiñeira e Tomiño, Sandra Gónzalez. Tamén asistiron os tenentes de alcalde de Salvaterra do Miño, Ernesto Groba e de Ponteareas, Cristina Fernández. Tamén participou na reunión Lourdes Moure, concelleira de Economía do Porriño.  

De todos estes concellos, Salvaterra é o máis afectado con 34 veciños entre os traballadores de “Maderas Iglesias”. Porriño ten 25; Ponteareas, 23; Mos, 20; Salceda de Caselas, 10 e Tomiño, 2. 

Os membros do comité de persoal e delegados sindicais expuxeron as súas críticas “ante a falla de compromiso por parte do empresario Juan Ramón Iglesias en presentar un proxecto viable que esixe o IGAPE”. E tamén amosaron a súa inquedanza porque “a Xunta de Galicia tarda en materializar o apoio que din que quere darnos”, manifestou Vicente Molares, presidente do comité laboral. 

As representantes dos diversos concellos manifestaron o seu respaldo aos traballadores e deron conta das xestións que están a realizar. Nomeadamente Nidia Arévalo que informou que fala "a diario” co novo director do Instituto Galego de Apoio e Promoción Económica (IGAPE) e adiantou que agarda que “o vindeiro martes manteña unha reunión con vos”.

En paralelo, realizaranse outras xestións preto do empresario e dos acredores bancarios, segundo comprometeron as alcaldesas e representantes dos concellos presentes.

“Por nos non vai quedar facer todo o posible, e sabemos que a Xunta está tamén por botar unha man, para evitar a desaparición dos 148 postos de traballo que están en xogo”. “Temos que ter con eles unha sensibilidade especial e unha disposición absoluta para axudarlles”, rematou a alcaldesa do Porriño, Eva García.

NOVAS / CONCELLO
CARTEL INFORMATIVO.jpg
O Porriño convértese no aliado das familias esta Semana Santa con campamentos e obradoiros
Ao campamento de Semana Santa súmase o obradoiro de programación e tecnoloxía
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.