Arranca outubro co inicio dos cursos nas asociacións veciñais e culturais con máis de 90 clases á semana

19 entidades das oito parroquias ofrecen, gracias ás axudas nominativas do Concello, máis de 550 horas mensuais de actividades para todas as idades e gustos, con formación en música, idiomas, pintura, costura, teatro e deporte

O Porriño, 2 de outubro de 2025.- O Concello do Porriño dá a benvida ao mes de outubro cunha intensa programación de actividades formativas e de lecer nas distintas parroquias, da man do tecido asociativo local. Son 19 asociacións veciñais e culturais, repartidas polas oito parroquias do municipio, as que ofertan máis de 550 horas mensuais de cursos, o que supón unha media de 138 horas semanais distribuídas nunhas noventa clases de luns a sábado.

A programación abrangue propostas para todas as idades e gustos, desde actividades deportivas como ximnasia, pilates, zumba ou ioga, ata obradoiros de música tradicional (percusión, canto, pandeireta, acordeón, gaita, coro), pasando por clases de inglés, costura, labores, corte e confección, pintura, restauración, traballos con coiro, teatro e arte floral, entre outras. As actividades desenvólvense de luns a sábado, en diferentes horarios, maioritariamente polas tardes para facilitar a participación da veciñanza.

Na xornada inaugural, o alcalde do Porriño Alejandro Lorenzo visitou unha das actividades con maior participación, o curso de ximnasia en Pontellas, que se ofrece en dúas quendas debido á alta demanda. “Desde o Concello apostamos por apoiar o dinamismo das asociacións e garantir que en todas as parroquias haxa acceso a actividades culturais, deportivas e formativas. É unha forma de facer comunidade, de mellorar a calidade de vida e de fortalecer o tecido social que tanto caracteriza ao noso municipio”, sinalou o alcalde.

Esta ampla oferta de cursos é posible gracias á colaboración entre o Concello e as entidades organizadoras. O Concello do Porriño colabora economicamente con todas estas asociacións mediante achegas nominativas anuais, cuxo importe total supera os 50.000 euros, que permiten garantir a continuidade e calidade das actividades en cada parroquia..

O Concello continuará a traballar da man das asociacións para ampliar e diversificar a oferta ao longo do ano, consolidando o seu compromiso cun Porriño activo, participativo e unido.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.