Arranca a XVI edición do Festival de Cans co "Día dos veciños"

O mércores 22 arranca a decisosexta edición do Festival de Cans. Aínda que a programación comeza dende primera hora da mañán, os actos máis sobranceiros terán lugar de tarde co "Día dos Veciños" que se desenrolará a partir das 21 horas no Torreiro.

Entre diferentes actos, destacamos a presentación do libro "A grande epopea do pianista de Cans", obra de Xosé Antonio Perozo, cuia edición subvencionou o Concello de Porriño. Unha parte da edición repartiráse próximamente entre o alumnado dos centros de ensino secundario da cidade e tamén entre a veciñanza de Cans.

Previamente terá lugar a Homenaxe ó Can de Pedra e descuberta do traxe deste ano coa música das Pandereteiras de Cans e a colocación do Chimpín de Prata a Paz Acuña e Rafa Gónzalez.

Este ano haberá 15 curtametraxes a concurso na sección oficial e de xeito paralelo unha intensísima actividade de mesas redondas e coloquios. Entre eles, de xeito sobranceiro, co director Rodrigo Sorogoyen e os organizados pola Fundación AISGE. Entre os actores e actrices que pasarán pola parroquia porriñesa citar a Leonor Waitling, Isabel Blanco, Miguel de Lira, Mariana Carballal, Raquel Espada e Carlos Blanco que recibirá o Premio "Pedrigree" en recoñecemento a súa traxectoria.

Suliñar asimesmo as actuacións musicais entre as que destacan "Marlango" (venres 24 ás 20.30 h.) e o Gran Wyoming e o seu grupo "Los Insolventes" que tocarán no concerto de peche, na medianoite do sábado 25.

O Concello de Porriño mantén a súa achega de 20.000 euros ó Festival de Cans, renovada de xeito recente mediante convenio coa asociación cultural "Arela", organizadora do evento. A aportación municipal que fora incrementada no 2018 polo goberno municipal que preside Eva García, supón reeditar a maior achega económica do Concello ó longo da historia do Festival de Cans.

O apoio do Concello non se reduce a esa subvención senón que ademáis é loxística xa que diversas concellerías cooperan para resolver cuestións de Seguridade, tráfico, Limpeza, Vías e Obras vencelladas ó desenrolo do festival.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos