Aprobado o IV Plan Municipal de Igualdade entre Mulleres e Homes do Porriño

O vindeiro mércores 11 de marzo será presentado públicamente o IV Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes do Porriño nun acto que se celebrará no Centro Cultural Municipal ás 20 horas,

A Corporación Local aprobou por unanimidade no recente pleno de febreiro, este IV Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes do Porriño que estará vixente para o período 2020 / 2024.

Na súa exposición, Cami Moreira, concelleira de Igualdade explicou que "o Concello como administración máis preto da cidadanía ten un papel relevante no fomento de oportunidades entre mulleres e homes como medio para a construción dunha sociedade máis xusta".

Segundo argumentou"parte da función dende unha administración pública tamén é impulsar políticas activas que garantan a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes.", dixou Cami Moreira.

Este IV Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes aborda 7 eixes de intervención con 54 medidas de acción; como son:

+A Promoción da Igualdade na Política Municipal.

+Emprego e Conciliación da Vida Persoal, Laboral e Profesional.

+Coeducación, deporte e calidade de vida.

+Urbanismo, Mobilidade e Seguridade.

+Atención a situacións de vulnerabilidade.

+Empoderamento e participación.

+A Violencia de Xénero

A responsable da Concellería de Igualdade explicou que "dende este concello, hai unha clara aposta por medidas de carácter estrutural con vocación transformadora e de permanencia que permitirán incorporar a perspectiva de xénero a toda a política municipal". "Por iso agardamos a implicación de todas e todos, sabendo que esta é a receita para chegar á efectividade dos resultados", engadiu Cami Moreira na súa exposición ante a Corporación Local.

A concelleira solicitou a todos "fagámonos cómplices e aportemos para que un Porriño igualitario, inclusivo e intolerante coas inxustizas e co machismo, sexa posible" manifestou.

Por último Cami Moreira lembrou e citou a Concepción Arenal: "A sociedade non pode en xustiza prohibir o exercicio honrado das súas facultades á metade do xénero humano”.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos