Ana Abad de Larriva presentou "A nunca vista", Premio Abrente de Textos Teatrais da MIT

O Centro Cultural Municipal acolleu onte a presentación e coloquio arredor do libro "A nunca vista", de Ana Abad de Larriva, texto gañador do Premio Abrente de Textos Teatrais da Mostra Internacional de Teatro, MIT, de Ribadavia, en 2022, publicado pola editorial Difusora de Letras, Artes e Ideas.

Foi un encontro e diálogo aberto entre as persoas asistentes onde se profundizou sobre a obra, que aborda o problema relacionado co peche familiar de persoas con diversidades ou fóra do canon estético social imposto. Unha temática moi conectada coa antropoloxía cultural galega e dun gran poder emocional.

A autora amosouse moi contenta de presentar o libro no Porriño. “Para min é como unha segunda casa”, explicou Ana que dende hai anos coordina o Club de Lectura da Biblioteca, “Aquí presentei o meu primeiro libro, A sombra das árbores, que resultou gañador do Premio Roberto Vidal Bolaño de Textos Teatrais convocado polo IES Ribeira do Louro, o Concello do Porriño e a editorial Galaxia, e por iso quería tamén presentar aquí esta obra”.

No acto, que presentou o alcalde, Alejandro Lorenzo, interviron tamén Roberto Pascual, director artístico da MIT e dramaturgo, e a porriñesa Irene Moreira, directora escena.

“Ana é unha persoa que vive no teatro e ama profundamente o teatro” destacou Pascual, incidindo en que “o teatro é o grande muro contra o odio, é cohexión e respecto á diversidade e as diferencias”. O director artístico da MIT de Ribadavia tivo tamén palabras para o Premio Vidal Bolaño. “Tedes no Porriño un certame teatral único en Galicia, adicado a un público que moitas veces está na marxe, a mocidade”, explicou.

Pola súa banda, Irene Moreira centrou a súa intervención na obra mesma e deu paso ao coloquio, explicando que “A Nunca vista está centrada nun feito real que non queremos ver moitas veces, pero seguro se da no noso entorno” e incidindo no necesario de abordar estas cuestións. Ademais, adiantou que están a plantexar xa a posta en escena do texto.

O rexedor, que tamén participou do coloquio, agradeceu a Ana que “elexira O Porriño para presentar tamén a súa obra, xa que é unha persoa moi apreciada na vila polo seu traballo de coordinadora do club de lectura, unha actividade de promoción da lectura que pensó que é das máis atractivas  e demandadas. E iso é grazas a Ana, porque cando alguén ama e sinte de verdade algo ten unha inmensa capacidade para trasmitilo aos demais”.

Sobre a autora

Ana Abad de Larriva é escritora e actriz, ademais de exercer nos últimos anos como coordinadora do club de lectura da Biblioteca Municipal do Porriño. Cultiva diferentes xéneros literarios e dedícase especialmente á dramaturxia e á poesía, ademais de crear as súas propias pezas escénicas. Ademais do Premio Abrente por "A nunca vista", obtivo outros recoñecementos, como o Premio Roberto Vidal Bolaño de Textos Teatrais, ,convocado polo IES Ribeira do Louro, o Concello do Porriño e a Editorial Galaxia, por "A sombra das árbores", en 2019; o Premio de Microteatro da Memoria, da Deputación de Pontevedra e a ESAD de Galicia, por "Un biolo na noite", en 2021; ou a bolsa de dramaturxia do Centro Dramático Galego por "Bailar no ceo", en 2022.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos