Amplíase ata hoxe a exposición de fotografías "Unha mirada de antano" no Centro Cultural Municipal

A exposición «Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia» que se exhibe no Centro Cultural Municipal extendese un día máis xa que inicialmente estaba previsto que pechase na data de hoxe, 2 de xuño, segundo informa o persoal do Centro.

Entre as fotografías seleccionadas para exhibirse en Porriño ocupan un lugar sobranceiro catro imaxes que Anderson tomou na nosa vila e unha delas serviu para o cartel anunciador. Está alcumada como “Método para

carrexar un cesto entre Mondariz e Porriño”. Foi sacada por Ruth Matilda o 12 de septembro de 1924 e empregouse como imaxe do programa de man da exposición.

Esta mostra de fotografías exhíbese en Porriño grazas ó convenio de colaboración que subscribiron “ABanca”, “AFundación” e o Concello de Porriño", dende o pasado 9 de maio. Daquela, na cerimonia de inauguración, presidida por Eva García, manifestara que “como muller e como alcaldesa síntome moi orgullosa de que a nosa cidade acolla esta mostra de fotografía baseada na obra dunha muller pioneira do seu tempo” e valorou que “a calidade do traballo vai máis aló das imaxes; reflexou como ningún antes unha Galicia rural e costeira en tempos de depresión, retraso e pobreza”.

A exposición, de entrada libre e gratuíta pódese visitar neste derradeiro día en Porriño ata as 20.30 horas.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos