O alumnado do obradoiro de emprego avanza na dixitalización do arquivo municipal

Os/as dez alumnos/as traballadores/as do obradoiro de emprego “Porremprego Cualifica II” avanzan na súa formación en “Implantación de Tecnoloxías da Información e Comuniciación e a Economía Dixital na Administración” coa creación do arquivo dixital municipal.

Para a posta en marcha deste programa dual de formación e emprego impulsado polo Concello do Porriño, a administración local recibiu unha achega de 531.000 euros da Xunta de Galicia, á cal se suman 25.000 euros de aportación municipal e 30.000 euros fondos autonómicos para incentivos para a contratación unha vez finalizada a formación.

Tratamento de textos, datos e documentos e recompilación de expedientes administrativos e dixitalización

O alumnado/traballador foi contratado polo Concello o pasado mes de decembro, cando empezou a formación de 1.920 horas, incluíundo teoría e práctica. Durante este periodo acadarán os certificados de profesionalidade de “Gravación de Datos e Documentos I” e de “Actividades Administrativas en Relación ao Cliente II”. Adquirirán os coñecementos necesarios, mediante a realización de tarefas que responderán á prestación dun servicio real, con formadores específicos, e titorizados pola docente do Obradoiro de Emprego Miriam Sánchez e polos propios traballadores do Concello. Entre as súas funcións asignadas, salientan o tratamento de textos, datos e documentos, recompilación de expedientes administrativos e dixitalización.

Este programa é moi valorado polos participantes, coma no caso de Héctor Antonio Pereira Durán, que admite estar facendo este curso para nun futuro abrir o seu propio taller de electromecánica e poder executar ou supervisar a parte administrativa. Pola súa banda, Yolanda López, outra estudiante-traballadora, salienta “o estupendo ambiente laboral que hai entre nós, que encaixamos perfectamente, aínda que somos todos de rangos de idades e perfís completamente distintos. Facemos un moi bo equipo!”. E Nuria Barroso salienta “o apoio e a axuda do persoal do Concello para a dixitalización dos expedientes”.

Servizo real e moi demandado no Concello

“Dende a Concellería de Emprego, estamos moi contentos co desenvolvemento deste programa formativo que, ademais presta un servizo real e moi demandado no Concello”, apunta Rosario Costas, Concelleira de Emprego, e engade que “é un programa no que gañamos todos, os alumnos que aprenden e adquiren experiencia laboral práctica e real neste ámbito, e a Administración do Concello, que está a avanzar na súa dixitalización a pasos axigantados”.

O alcalde, Alejandro Lorenzo,  engadiu que “co seu traballo contribuirán a mellorar os servizos municipais, desenvolvendo un valioso traballo de xestión e documentación e arquivos, que facilitará a xestión diaria nos diferentes departamentos municipais”. O rexedor concluíu agradecéndolles a “implicación e a profesionalidade coa que están a levar a cabo as súas funcións”.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos