Alerta coronavirus: constituído comité de seguemento no Concello presidido pola alcaldesa

Eva García, alcaldesa de O Porriño presidiu hoxe luns a constitución do Comité de Seguemento pola alerta do coronavirus que xa adoptou as primeiras medidas.

Entre elas, encargou unha desinfección de diversos edificios e instalacións municipai que comezou xa nos dous pavillóns e na piscina do Polideportivo Municipal.

O Comité de Seguemento que preside a rexidora municipal está formado por Pedro Pereira, primeiro tenente de alcalde; Lourdes Moure, segunda tenente de alcalde concelleira de Seguridade e Persoal; Sergio Casal, concelleiro de Limpeza, Medioa Ambiente e Tráfico; Cami Moreira, concelleira de Igualdade e Xuventude; Daniel Rodríguez, Inspector Xefe da Policía Local e Jesús Gónzalez Pexegueiro “Carrola”, responsable de la agrupación de Protección Civil. Asimesmo invitouse aos voceiros dos grupos municipais da Corporación a integrarse así como un representante dos traballadores do Concello e un representante do persoal sanitario do Centro de Saúde.

Os acordos adoptados hoxe son os seguintes:

- As quendas de traballo da Policía Local serán 3 con polo menos dous policías en cada quenda.

- O persoal do Concello que poida facer teletraballo, así o fará, sempre que o servizo ao que afecta permítao.

- Manteranse activos con persoal presencial, o Padrón de habitantes, o Rexistro, e a Secretaría Xeral do Concello.

- O Concello permanecerá pechado ao público, e só se atenderán casos urxentes e previa cita.

- Garántense os servizos de limpeza e de Mercado Municipal, sendo o responsable destes servizos o concelleiro Sergio Casal, debendo informar dos postos do mercado que non cumpran a súa obrigación de atender axeitadamente aos usuarios.

- Encargase unha limpeza con desinfección das instalacións deportivas municipais, facendo fincapé nos vestiarios e na piscina municipal.

- Asimesmo realizarase unha limpeza e desinfección do resto de instalacións municipais.

- Este Comité de seguimento reunirase, previa consulta aos voceiros, cando as circunstancias e urxencia así o requiran. Namentres manterán comunicación telemática e de forma diaria para informar das incidencias da xornada.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos