A obra de saneamento da Travesía de Novás, en Atios, entra na fase final de asfaltado

O Concello do Porriño inviste máis de 27.000 euros na instalacións dun novo colector, tres pozos de rexistro e catro acometidas domiciliarias

O Porriño, 28 de agosto de 2025.- O alcalde do Porriño Alejandro Lorenzo visitou as obras de saneamento que se están a executar na Travesía de Novás, na parroquia de Atios, e que xa se atopan na súa fase final coa repavimentación do camiño. A actuación enmárcase nunha serie de melloras nos servizos e infraestruturas que o Concello do Porriño está a realizar a favor dos usuarios dos mesmos.

Esta actuación, cun investimento de 27.710 euros financiada a través do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra, supón unha mellora substancial na rede de saneamento desta zona rural, que presentaba importantes deficiencias.

“A rede de saneamento dalgúns núcleos rurais do municipio resulta totalmente insuficiente nalgúns casos ou atópase nun estado de precariedade noutros, feito que fai necesaria unha importante intervención de mellora sobre a mesma”, explica o alcalde. É por este motivo que o Concello puxo en marcha este proxecto de cara a ampliar e modernizar dita rede en prol da mellora da calidade de vida da veciñanza desta zona da parroquia de Atios.

O proxecto inclúe a instalación dun colector novo por gravidade composto por 120 metros de tubaxe e tres pozos de rexistro, para dar servizo a catro vivendas unifamiliares e a repavimentación do vial. Precisamente, os traballos céntranse estes días na aplicación do novo aglomerado asfáltico nun treito de 180 metros, cun ancho medio de 5 metros, que deixará o

Segundo explicou o alcalde durante a visita, "esta obra responde a unha demanda histórica da veciñanza e encaixa dentro do noso compromiso de ir paso a paso ata acadar o cen por cen do saneamento, garantindo servizos públicos de calidade en todas as parroquias do Porriño".

Os traballos estanse a desenvolver con normalidade e rematarán nos vindeiros días, cumprindo os prazos previstos.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.