A montaxe teatral de "Cousas", de Castelao

Durante todo o curso a peza teatral ‘Cousas’, baseada na coñecida obra do médico, debuxante, pintor, político e escritor Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, será representada, na adaptación proposta por ‘Os Quinquilláns Teatro’, en máis de 40 localidades de toda Galicia.

Esta cifra aumenta día a día ao sumárense novos lugares que queren levar a montaxe aos centros de ensino e, así, achegarlle ao alumnado dunha maneira diferente a lectura desta obra de referencia. Os Quinquilláns xa percorreron Galicia o curso pasado coa peza O espantallo amigo, de Xosé Neira Vilas, que viron case 20.000 rapaces e rapazas de toda Galicia.

No caso de O Porriño, o vindeiro mércores, día 25, as alumnas e alumnos de galego dos institutos da vila, poden disfrutar desta montaxe, ao mediodía, na representación que se vai facer no Centro Recreativo e Cultural.

Nesta proposta teatral inténtase ser fiel ao mesmo espírito co que Castelao creou as cousas, eses pequenos relatos que ilustraba cun debuxo. Na esencia da obra está a sociedade galega, o retrato dunha época que está afastada no tempo, pois trasládanos aos anos vinte do século pasado, pero que ten moito de global e de atemporal.

A montaxe provoca en moitos momentos o riso, posto que Castelao manexaba coma ninguén a retranca, a comedia, a farsa, pero tamén está moi presente a tristura e a traxedia, sentimentos variados que se desprenden das páxinas da obra e tamén da representación teatral.

Aparecen en escena relatos tan coñecidos como "O pai do Migueliño", que recrea a dureza da emigración, unha temática que tristemente segue a resultar actual; ou o "Rifante" que despois de coñecer o éxito non soubo xestionar unha época mala e cría que a vergoña era peor que a fame, un tema, o da caída económica, que resulta familiar en tempos de crise. E así outros moitos relatos que aparecen en escena mesturados con pinceladas sobre o propio Castelao, para facer así unha representación dinámica, educativa e entretida.

60 minutos para achegar ao público máis novo, e non só, a unha

das obras sobranceiras da literatura galega, e tamén ao seu autor, Castelao, un dos grandes renovadores da nosa prosa e tamén un dos que mellor entendeu e representou o pobo galego.

‘Cousas’ é a creación máis orixinal que nos deixou o autor. Con este libro publicado por primeira vez no ano 1926, o xenial Castelao inventa un xénero novo e persoal. A través destas breves narracións consegue expresar a realidade esencial do pobo galego. Emoción e sentimento únense a un senso do humor extraordinario que fai da súa lectura unha experiencia única e agora tamén da súa representación en escena.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.