A Copa Galicia de Ciclocrós estréase no Porriño

Celébrase, o vindeiro 11 de outubro, o VIII Trofeo Ciclocrós Avanza - Concello do Porriño

A organización espera a participación de máis de 250 ciclistas, manténdose as inscricións abertas ata o xoves 9

O Porriño, 2 de outubro de 2025.- O Porriño será escenario inaugural da Copa Galicia de Ciclocrós. Así, o calendario do último certame autonómico do ano arranca o vindeiro sábado, 11 de outubro, coVIII Trofeo Ciclocrós Avanza - Concello do Porriño, a primeira dasdez xornadas puntuables na que se espera a participacións de máis de 250 ciclistas, chegados de toda Galicia e Portugal.

A proba, que tamén está incluída no calendario da Federación Española de Ciclismo, terá lugar nun tramo de preto de 3 quilómetros nas inmediacións da pistas de atletismo localizadas no polígono de A Granxa ao longo de toda a mañá, iniciándose ás 11.00 horas as primeiras mangas. Disputaranse carreiras masculina e feminina das categorías infantil, cadete, junior, sub 23, elite masculino e máster 30/40/50/60.

“É unha honra para O Porriño acoller o inicio da Copa Galicia de Ciclocrós. Este VIII Trofeo Ciclocrós Avanza - Concello do Porriño consolídase como unha cita destacada no calendario deportivo galego, reunindo a máis de 200 ciclistas e promovendo o deporte base e de competición nunha contorna privilexiada”, sinalou o alcalde Alejandro Lorenzo durante o acto de presentación esta tarde, facendo fincapé en que “dende o Concello seguimos apostando por eventos que dinamizan a nosa vila, que fomentan hábitos saudables e que nos sitúan no mapa como referente do deporte galego. Desexámoslle moita sorte a todas as persoas participantes e animamos á afeccionados do ciclismo e á veciñanza en xeral a achegarse e desfrutar dunha xornada de deporte e convivencia".

As inscricións seguirán abertas ata o xoves, 9 de outubro, a través da páxina web da Federación Galega de Ciclismo, precisamente o seu presidente, Juan Carlos Muñiz, acudiu tamén ao acto de presentación, no que estiveron membros da directiva da entidade organizadora, a Asociación Deportiva Avanza, encabezada polo seu presidente, David García, a quen dende o Concello agradeceron o seu labor.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.