A conciencia social da mocidade porriñesa coa doazón e transplante de órganos deixouse sentir en Santiago de Compostela

Hoxe inaugurouse en Santiago de Compostela a exposición "Fai que suba a marea. Doa", un traballo levado a cabo polo alumnado do IES Ribeira do Louro dentro do programa "Salvavidas" da Coordinación Autonómica de Transplantes da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e que poderá visitarse na planta baixa das dependencias dos edificios administrativos de San Lázaro.

Este acto tivo lugar dentro dos actos de conmemoración do Día Nacional do Doante de Órganos e Tecidos. Así, este proxecto multidisciplinar, desenvolvido polos alumnos e alumnas do IES porriñés e coordinado pola docente María José Iglesias, é unha actividade do programa "Salvavidas", inserido no Plan Proxecta, que posibilita que entidades alleas ao sistema educativo, neste caso a Coordinación Autonómica de Transplantes ADOS, desenvolvan proxectos de diversa índole como sucede coa sensibilización a prol da doazón e transplante de órganos.

A exposición "Fai que suba a marea" recolle esculturas de escaiola de mans que amosan a súa disposición á doazón de órganos e tecidos, conformando unha marea como representación deste acto solidario. Entre as mans realizadas, podemos atopar as do Presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, así como dos conselleiros de Sanidade e Educación, o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, unha doante viva, Eva González, receptores de órganos como César Núñez o Abraham Vicente, o xerente do Sergas, e membros de asociacións de doantes, coordinadores hospitalarios de transplante, entre outros.

A presentación foi levada a cabo polos estudantes e contu coa presenza do director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, o director Xeral de Xustiza, José Tronchoni, o director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura e Eduación, Jesús Álvarez. Así, ademais da faceta artística, a presentación completouse cunha breve intervención musical e a lectura dunha poesía de Raquel Castro, resultando especialmente salientable o compromiso solidario amosado polas alumnas e alumnos que participaron.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos