A Concellería de Cultura programou actividades diversas para celebrar O Día das Letras Galegas 2020 adicado a Carvalho Calero

A Concellería de Cultura e Normalización Lingüística do Concello do Porriño deseñou unha programación de celebración do Día das Letras Galegas, con propostas varias para públicos diversos, axeitada ás limitacións que impón o estado de alarma.

Un deles foi un concurso de debuxo infantil baixo o lema “Debuxa celebrando o Día das Letras Galegas”. Os traballos remitidos ata o pasado 10 de maio polos rapaces e rapazas participantes, xa están publicados na web do departamento de Cultura.

http://ecultura.net/debuxa-celebrando-o-dia-das-letras-galegas/

Por outra banda, a Biblioteca Municipal sumouse á celebración do Día das Letras coa publicación nas súas redes sociais de sete post, un por día, que rematará o mesmo domingo 17, destacando os sete aspectos máis salientables de Carvalho Calero.

Outra das iniciativas da programación da Concellería de Cultura foi “Voces para Ricardo Carvalho Calero”, unha actividade de declamación. A través das voces de veciñas e veciños do Porriño e contorna, dáse a coñecer a obra deste autor. O resultado desta lectura plural pódese comprobar nun vídeo que tamén está colgado na web de Cultura.

https://youtu.be/CJ3lmIkuiLo

Por último, a Concellería de Cultura e Normalización Lingüística proponnos un xogo de nivel de coñecemento sobre o autor homenaxeado este ano coa ocasión do Día das Letras Galegas que se celebrará o vindeiro domingo 17 de maio.Trátase de comprobar canto se coñece de Ricardo Carvalho Calero e pódese facer en familia e cos amigos. A Concellería advirte que este xogo está optimizado para a súa execución en computadores ou tablets, mentres que en teléfonos móbiles ou smartphone poden aparecer algúns erros de visualización debido ao pequeno formato destes dispositivos.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos