A alcaldesa Eva García inaugura a exposición "Ilustrando" dos humoristas gráficos Davila e Gogue

A exposición "Ilustrando" que se exhibe na praza Arquitecto Antonio Palacios dende onte á tarde, recolle unha selección de viñetas publicadas en “Faro de Vigo” por dous dos mellores humoristas gráficos de Galicia: Luis Davila e Gogue.

Trece cubos con paneis de vinilo reúnen unha ampla mostra de estes dous mestres que "nos axudan cada mañana a dixerir coas súas viñetas en “Faro de Vigo”, a crua realidade".

"Coa súa particular visión en clave de humor, a través de personaxes totalmente recoñecibles para os lectores como “Dora a desbrozadora”, de Davila o “Floreano” de Gogue que encarnan a retranca galega en estado puro", manifestou a alcaldesa de Porriño durante a inauguración formal celebrada este mediodía.

Trátase dunha mostra itinerante que chega a Porriño dende Vilagarcía e que previamente tamén estivo en Vigo e máis en Pontevedra e despois seguirá o seu percorrido por outras vilas da provincia co apoio da Deputación", manifestou a deputada Digna Rivas en representación do organismo provincial que colabora co xornal "Faro de Vigo" nesta iniciativa.

Ademáis da alcaldesa de Porriño e da deputada provincial asistiron ó acto de inauguración da mostra, Lourdes Moure, concelleira de Educación de Porriño; Pedro Dias, xerente de "Faro de Vigo", Luis Gónzalez Míguez, director comercial do rotativo e Gabino Porto, delegado do xornal na bisbarra, así como representantes de Banco Sabadell e Coren, firmas que tamén copatrocinan.

A exposición manteráse en Porriño dúas semanas.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos