A alcaldesa de Porriño manifesta o seu orgullo por ter recuperado e editado o material que recolle o libro "Antonio Palacios, unha viaxe por Galicia"

Cun salón ateigado de público no Centro Cultural Municipal de Porriño, presentouse esta noite o libro "Antonio Palacios, unha viaxe por Galicia", editado por "Engaiolarte" nunha edición de altísima calidade que sufragou o Concello de Porriño. Xosé Ramón Paz e Xosé Ramón Iglesias encargaronse da selección do material e dos textos explicativos dunha obra que amosanos facetas descoñecidas e apaixoantes do ilustre arquitecto porriñés.

Eva García de la Torre abriu o acto suliñando o seu orgullo personal por ter acadado ese material inédito dos cadernos de Antonio Palacios que posibilitou tanto a exposición que concluirá mañan no Centro Cultural Municipal coma a edición do libro que estaban a presentar. A alcaldesa manifestou que "é un motivo de grande satisfacción colaborar nesta proposta que desvela unha parte en certo xeito inédita do extraordinario arquitecto porriñés".

Pola súa banda tanto Xosé Ramón Paz como Xosé Ramón Iglesias explicaron os criterios de selección do material atopado dando preferencia ós debuxos de Galicia, seleccionados dos cadernos de viaxes nos que Palacios debuxaba apuntes de mosteiros, igrexas, pazos e demáis mostras da arquitectura popular. Entre eses bocetos destacaron "pola súa capacidade premonitoria" un deseño dunha posible ponte sobra a ría de Vigo que Antonio Palacios imaixnou e esbozou nun apunte con décadas de antelación". 

O venres 29 será o derradeiro día no que permacerá aberta a exposición adicada a desvelar eses aspectos menos coñecidos do extraodinario arquitecto porriñés. 

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos