O proxecto permitirá reducir o consumo enerxético e mellorar o confort deste edificio que alberga a Escola Municipal de Música e múltiples aulas que acollen actividades lúdicas e culturais de diferentes asociacións e colectivos
Dúas sentenzas do Contencioso Administrativo estiman o recurso do Concello do Porriño declarando nulo o acordo plenario de 2023 do Concello de Vigo e, consecuentemente, as liquidacións emitidas por importe de preto de 150.000 euros
Instalaranse máis de 4.000 contadores intelixentes, 11 novos sectores para control de fugas de auga potable, 60 caudalímetros, máis de 70 sensores de calidade de auga residual e o deseño dunha web para facilitar información á cidadanía sobre a xestión das instalacións
A actuación, adxudicada por máis de 300.000 euros, financiarase con fondos propios e ten un prazo de execución de catro meses e eliminará as fosas sépticas actuais
O proxecto, que supera os 2 millóns de euros, permitirá recuperar máis de 4.000 m² para crear un gran espazo público accesible e verde que conectará diversas rúas do casco urbano, con zonas de auga, sombra e xogos cubertos
O novo servizo municipal suporá un sistema de mobilidade sostible que mellorará substancialmente a liña autonómica xa existente, con máis frecuencias, máis paradas e un sistema intelixente de xestión e información en tempo real
A actuación permitirá conectar case unha trintena de vivendas, dando servizo a máis de 140 veciños, ao sistema xeral de saneamento do río Louro, ademais de mellorar o pavimento e o alumeado público da zona
O proxecto, que será financiado pola Deputación de Pontevedra e fondos europeos, modernizará infraestruturas, mellorará a mobilidade e impulsará a cohesión territorial do municipio
A actuación, cun investimento de 150.000 euros, forma parte do plan de modernización dos polígonos industriais do municipio para o cal conta coa axuda da Xunta de Galicia, comprometida cos Concellos Emprendedores