Cortes de tráfico este domingo pola carreira "O PORRIÑO 10K"

A Policía Local do Porriño informa dos cortes de tráfico e restricións de estacionamento que se establecerán este domingo, día 1 de maio, pola celebración da carreira “ O Porriño 10K”.

Desde as 22h do sábado ata que finalice a proba deportiva queda prohibido estacionar e aparcar nas seguintes rúas:

de Galicia (carril de entrada de Mos ao Porriño).

Domingo Bueno (desde Aloques ata a gasolineira de Atios-A Guía).

Fernández López.

Manuel Rodríguez (desde o cruce de Pontenova ata a panadería Chinchina).

San Sebastián (desde Manuel Rodríguez ata a Praza de San Sebastián).

Leandro Diz.

Cando e Praza de Abastos.

Xogo da Ola.

Ramiranes (en sentido saída desde a praza central hacia LIDL).

Non se poderá circular polas rúas Pío XII e Fontevella durante a celebración da proba.

Nas mesmas rúas pecharase o tráfico rodado o domingo a partir das 9h.