O Concello informa que, con motivo da celebración da carreira OP.10K o domingo 23 de marzo de 2025, establécense restricións de aparcamento e circulación nas seguintes rúas:
Prohibicións de estacionamentoDesde as 22:00 h do sábado 22 de marzo ata a finalización da proba deportiva, estará prohibido o estacionamento nas seguintes vías:
Avenida de Galicia (únicamente o carril de entrada de Mos a Porriño).
Rúa Domingo Bueno (desde Aloques ata a gasolineira de Atios - A Guía).
Rúa Fernández López.
Rúa Manuel Rodríguez (desde o cruce de Pontenova ata a Praza de San Sebastián).
Rúa San Sebastián (desde Manuel Rodríguez ata a Praza de San Sebastián).
Rúa Leandro Diz (na súa totalidade).
Rúa Cando e Praza de Abastos.
Rúa Xogo da Ola.
Rúa Ramiráns (en sentido saída desde a Praza Central cara a Mos).
Peche ao tráfico rodadoO domingo 23 de marzo, a partir das 9:00 h, todas as rúas afectadas pola prohibición de aparcamento tamén permanecerán pechadas ao tráfico, incluíndo ademais:
Rúa Pío XII.
Rúa Fontevella.
Agradecemos a colaboración da veciñanza e lamentamos as posibles molestias.