O Consorcio de Augas do Louro, que preside a alcaldesa do Porriño, acomete a reparación da Ponte Romana. O Consorcio ten adxudicado á empresa Galaicontrol SL os traballos de redacción do proxecto de reparación do afundimento dun treito do Colector Interceptor Xeral de Tui e na estrada de acceso á depuradora de Guillarei, situados no entorno da Ponte Romana.
Na seguinte galería de hoxe pódese ver o edificio consistorial coas bandeiras a media asta polo loito oficial decretado en Galicia pola Xunta en memoria das vítimas do "Covid-19".Tamén aprécianse diversas imaxes urbanas entre as que destacan alguns establecementos comerciais abertos e outros que aínda permanecen pechados agardando polas seguintes fases da desescalada.
O Concello do Porriño aprobará, co acordo unánime de todos os grupos políticos da Corporación, a desafección das antigas casas dos mestres de Torneiros para a súa conversión en vivendas sociais.
A Xunta de Goberno Local acordou hoxe aprobar a adxudicación definitiva á empresa constructora “COVSA” para que execute a mellora de seguridade viaria na rúa Doantes, cun orzamento de perto de 500.000 euros. Nesa partida incluense ampliación de beirarruas, a realización dunha rotonda, o cambio da parada dos buses escolares e outras actuacións complementarias de humanización. A adxudicataria dispon ata xuño para realizar ditas obras.
O Concello do Porriño ven de acometer diversas melloras na parroquia de Atios en viais e saneamento que se executan con medios propios e baixo a dirección da concelleira de Vías e Obras, Lourdes Moure.
As Festas de San Blas, no Torreiro da Forna, en Budiño que empezan este venres 31, celebraranse por primeira vez cos baños da Casa Cultural conectados á rede de saneamento.
A Concellería de Vías e Obras remite a partir desta semana unha convocatoria a todas as asociacións de veciños de todas as parroquias do concello para celebrar o vindeiro xoves 16, ás 20 horas, unha reunión no salón de plenos do Concello. A temática a abordar será que cada unha das AAVV manifesten as súas necesidades en materia de: bacheo, asfaltado e saneamento.
O derradeiro pleno municipal da corporación local de O Porriño en 2019 aprobou por unanimidade boa parte dos asuntos que configuraron a orde do día. Entre eles, o máis sobranceiro foi a adxudicación definitiva á empresa "Sociser Galicia" do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Tratase dun contrato por dous anos -prorrogable- que conta un orzamento de 1,9 millons de euros, segundo explicou o concelleiro de Servizos Sociais, David Alonso.
Pedro Pereira, concelleiro de Infraestructuras mantivo hoxe reunións coa Xunta de Galicia e logo cos veciños de A Vaquería para revisar como vai o proxecto de mellora da seguridade viaria nesa travesía da estrada PO 510 ó seu paso por Budiño.
A alcaldesa Eva García presidiu esta mañá a primeira reunión de traballo dos seis concelleiros do goberno municipal de coalición formado por PSOE e BNG.
A maioría da corporación municipal cos votos do PSOE, BNG, EU Son e Manuel Carrera acordou deixar enriba da mesa a decisión sobre o terreno que solicita a asociación “ACEESCA” para construir o seu centro de formación dual.
O goberno municipal de Porriño cos votos dos concelleiros do PSOE, BNG, EU Son e Manuel Carrera acadou desbloquear parte dos pagos pendentes de facturas que se viñan arrastrando desde hai tempo. Do total que se levaba a aprobación plenaria acadouse aprobar ós pagos de case que 1,7 millóns.